Archivo por meses: julio 2017

O Parlamento de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro E. Peinador convocan os XXIV Premios de Publicidade en Galego

O Parlamento de Galicia colaborará coa Secretaria Xeral de Política Lingüística e co Foro Enrique Peinador para convocar a XXIV edición dos Premios de Publicidade en Galego, aos que se poderán presentar candidaturas ata o vindeiro 2 de outubro.

20170728_valentin_04As bases da convocatoria foron ultimadas nunha reunión celebrada esta mañá na Cámara galega entre o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira; o  secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González.

Estes galardóns teñen como obxectivo promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario  e contan con catro categorías: radio, televisión, internet e prensa escrita. En cada unha destas modalidades entregaranse dous premios: á empresa anunciante e á axencia de publicidade que desenvolveu o traballo.

A convocatoria é de natureza aberta, polo que poderán formalizar a correspondente inscrición tanto as empresas anunciantes como as axencias de publicidade e de medios (empresas produtoras, estudios de deseño gráfico, creativos, desenvolvedores de webs, directores e produtores de produtos publicitarios) que realizasen unha acción publicitaria, difundida ou transmitida integramente en galego, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2016.

Os traballos que aspiren a ser galardoados deberán remitirse á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta  antes do 2 de outubro de 2017.

Os premios entregaranse no mes de novembro, coincidindo co Día da Galeguidade Empresarial.

As anteriores edicións dos Premios de Publicidade en Galego foron convocados polo Consello Asesor de RTVE-G e da Corporación da RTVG, agora disolto.

Unha delegación da illa xaponesa de Shikoku visita o Parlamento de Galicia

DSC_0089Unha delegación da illa xaponesa de Shikoku visitou esta mañá o Parlamento de Galicia dentro do programa que están a desenvolver na Comunidade Autónoma para coñecer a experiencia galega de promoción do Camiño de Santiago de cara a lograr a inscrición do Camiño de Shikoku como Patrimonio Mundial.

A delegación foi recibida polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, que lles explicou o funcionamento da institución e amosou, durante unha visita polas instalacións, a sede do lexislativo galego.

A visita desta delegación coincide coa chegada a Santiago da exposición “O Camiño de Shikoku”, organizado polas catro prefecturas desta illa xaponesa xunto cos rede de templos do Camiño de Shikoku, coa colaboración do Xacobeo e Turismo de Galicia. A exposición  estará aberta no Museo das Peregrinacións e de Santiago desde o 21 de xullo ata finais de setembro.

A delegación está encabezada por Akira Chiba, presidente do Consello do Camiño de Shikoku para a inscrición no Patrimonio Mundial e presidente da Federación Económica de Shikoku, e por Kyozen Obayashy, presidente do Consello dos 88 templos de Shikoku e sacerdote maior  do templo de Koyamaji.

O Consello de Contas entrega ao Parlamento a Memoria anual de 2016

O Conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, entregoulle ao Presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira a memoria anual do Consello de Contas de 2016, que inclúe a memoria de actividades e as contas anuais da Institución DSC_0018correspondentes a este exercicio, así como os últimos informes de fiscalización aprobados.

Os informes de fiscalización de carácter xeral corresponden ao Plan anual de traballo de 2017 (contas xerais do exercicio 2015 da Administración xeral da Comunidade Autónoma, do Sergas, da Administración instrumental e das entidades locais); os informes específicos refírense a distintos exercicios anteriores.

A documentación achegada inclúe os seguintes documentos e informes:

Documentos
Memoria anual de actividades do Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio 2016

Contas anuais da institución referentes ao exercicio 2016

Informes de fiscalización sobre o sector público de Galicia:
PT 2017 Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade Autónoma, exercicio 2015
PT 2017 Informe de fiscalización da Conta Xeral da Administración, exercicio 2015
PT 2017 Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2015
PT 2017  

Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2015

PT 2017  

Informe de fiscalización de Fondos Europeos, exercicio 2015

PT 2015  

Informe de fiscalización sobre a Contratación dos servizos de limpeza no ámbito hospitalario do Sergas, exercicio 2015

PT 2016  

Informe de fiscalización Selectiva da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (FPUSG-061), exercicio 2014

PT 2016  

Informe de fiscalización Traslado de pacientes en medios extraordinarios de transporte non urxente, exercicios 2008-2015

PT 2016  

Informe sobre as contas rendidas no ano 2016 correspondentes ao exercicio 2015

PT 2015  

Informe de fiscalización do Concello de Narón, exercicio 2013

PT 2015  

Informe de fiscalización do Concello de Ferrol, exercicio 2013

PT 2017  

Informe da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2015

PT. Plan anual de traballo.

Os informes de fiscalización aprobados polo Pleno do Consello de Contas de Galicia durante o ano 2017 atópanse dispoñibles a texto completo na sede web da Institución www.ccontasgalicia.es

 

O Parlamento de Galicia incorpora aos seus fondos documentais a acta de constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia

DSC_0042O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado polos integrantes da Mesa da Cámara, recibiu esta mañá do ex deputado Perfecto Yebra Martul a acta de constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, celebrada no Pazo de Raxoi o 25 de xullo de 1977.

O documento –o orixinal manuscrito da acta- obraba en poder de Perfecto Yebra na súa condición de secretario da Asemblea de Parlamentarios de Galicia e, a partir de agora, sumarase aos fondos documentais do Parlamento de Galicia.

O presidente da Cámara, Miguel Santalices, agradeceu a xenerosidade persoal de Perfecto Yebra, por ter elixido ao Parlamento como depositario definitivo diste documento.

 

Santalices anima a intensificar a relación con Portugal e reivindica o potencial da lusofonía

20170713_095335O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participa esta mañá en Plasencia (Cáceres) nunha reunión da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) e dos titulares das Cámaras Lexislativas das catro comunidades limítrofes con Portugal, na que se propuxo a creación dun foro que canalice e traslade propostas dos parlamentos susceptibles de ser incorporadas á axenda do Cumio Ibérico.

A proposta xurdiu da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas para enriquecer as relacións bilateriais entre os dous países.

Ao inicio da reunión, e en declaracións aos xornalistas, o presidente do Parlamento de Galicia valorou a convocatoria desta reunión que, para os galegos, “resulta especialmente gratificante na medida en que compartimos con Portugal infinidade de elementos comúns: xeográficos, históricos, culturais e lingüísticos”.”Veño encantado”, dixo, porque “Galicia comparte todo con Portugal; nós, practicamente, non temos fronteira con Portugal”.

Nesta liña Santalices Vieira recordou os vínculos de Galicia coa lusofonía. Fixo referencia, neste sentido, á Lei, de iniciativa popular, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, “que nos anima e obriga a intensificar estas relacións”. De feito, o Parlamento de Galicia está a impulsar diferentes proxectos de intercambio e promoción cultural coa Asemblea dos Azores, iniciativas que mesmo teñen recibido un recoñecemento europeo polo enfoque novidoso das mesmas.

Ao tempo, Santalices Vieira  subliñou que Galicia é pioneira e lidera a posta en marcha de diferentes iniciativas de cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal, como as impulsadas en materia de sanidade ou de comunicacións terrestres, entre outras. Tamén avogou pola mellora da conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal.     

O presidente do Parlamento de Galicia avanzou a súa intención de convidar ao resto dos participantes a elaborar un plan de traballo realista e axustado ao ordenamento xurídico para efectuar propostas construtivas que resulten útiles para o Cumio Hispano Luso e para as sociedades española e portuguesa.

O feito de que esta primeira reunión se celebre en Plasencia obedece a que o alcalde desa localidade exerce a vicepresidencia da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas. Participaron na xuntanza de hoxe os presidentes dos parlamentos de Galicia, de Extremadura, de Andalucía e de Castela e León, así como integrantes da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirzas, entre eles o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vazquez Mao, e presidente da Confederacion de Empresarios de Pontevedra e de CECOTRAN (Centro de Desenvolvemento, Cooperación e Servizos Empresariais Transfronterizos, Jorge Cebreiros, que actuou como presidente accidental da RIET en ausencia do titular.

Ao inicio da reunión, os participantes na mesma gardaron un minuto de silencio en memoria de Miguel Ángel Blanco e de todas as vítimas do terrorismo

Cúmprense 20 anos do secuestro e posterior asasinato de Miguel Ángel Blanco. Neste aniversario, quero  render homenaxe a Miguel Ángel e a todas as vítimas da barbarie terrorista.

Embaixadores de países da área Asia-Pacifico visitan o Parlamento de Galicia

Santalices Vieira, recibe, no seu despacho da Cámara, a unha delegación de embaixadores de países da área Asia-PacíficoEmbaixadores e outros diplomáticos acreditados en España de países da área Asia-Pacífico visitaron este mediodía o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado por integrantes da Mesa.

A visita enmárcase nun programa de actividades que esta delegación diplomática desenvolve hoxe en Galicia no marco dunha estratexia encamiñada á promoción exterior dos recursos da  Comunidade Autónoma.

O presidente do Parlamento de Galicia explicoulles a historia, composición e funcionamento do Lexislativo galego.  Santalices tamén lles amosu a sede do Parlamento de Galicia  e respondeu ás cuestións suscitadas polos diplomáticos.

A delegación que hoxe visitou o Parlamento está integrada polos/as embaixadores/as de Kasajstán, Indonesia   Tailandia, India, Vietnam, Filipinas e Nova Zelanda; a agredada comercial de Indonesia; o encargado de negocios ad interim da embaixada de Australia, o ministro conselleiro encargado de negocios da embaixada de  Afganistán e o ministro conselleiro da embaixada de Irán.

Inauguración da exposición da pintora Marisa Redondo na Casa de Galicia en Madrid

20170704_202652O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde na inauguración da exposición “Horizonte de mar y memoria”, da pintora arousá Marisa Redondo, aberta ao público na Casa de Galicia en Madrid.

Santalices reiterou o “compromiso” do Parlamento de Galicia coas artes plásticas e recordou  que o Pazo do Hórreo alberga unha valiosa e variada colección de arte galega contemporánea. Trátase, nuns  casos, de obras en propiedade e, noutros, de creacións que os autores ceden en depósito, “sabedores de que, deste xeito, as poñen a disposición do conxunto de Galicia”.

O presidente do Parlamento destacou a “tenacidade e esforzo admirables” que Marisa Redonso dedica á pintura, unha activiade na que se adentrou logo de xubilarse da docencia.

“Galicia non pode entenderse sen o seu mar, que é despensa, fonte de riqueza e vía para intercambios de todo tipo” dixo Santalices. “O mar –20170704_201523calmo, embravecido, ardente nas postas de sol, sempre en disposición de ser surcado en mil e unha singraduras, farturento en recursos- é o fío condutor desta mostra que acredita a solidez técnica da súa autora”, rematou.