Archivos Mensuales: febrero 2016

Ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes

12804683_1776162959269919_5867262882363033092_nSesión Extraordinaria Pública para a recepción do Académico de Número electo a D. Enrique José Jiménez Gómez un medico-xinecologo, humanista, especializado en violin, que coa súa música e a súa bata branca estimula a serenidade terapéutica. Hoxe os que formamos parte da túa familia sentímonos orgullosos de ti. Noraboa!

20160227_santalices_02

Anuncios

Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares

Na xuntanza con Ramón Villares,  a primeira desde que asumín a Presidencia do Parlamento de Galicia, repasamos iniciativas conxuntas xa abordadas entre o Lexislativo galego e o Consello da Cultura, como a edición de libros.

 

Estreno do documental Vida.

Estreno do documental “Vida” e “Máis ca Vida”, rodado en Ourense, baixo a dirección de Rubén Rios.
Proxecto de marcado carácter social portagonizado por persoas con discapacidade intelectual, que entrelaza nun guión os medos e perxuizos que aparecen no día a día das persoas para convertilos en obxectivos.

Os protagonistas emocionados coa súa proxección na que a presentadora, Silvia Jato, exerceu de conductora e maestra de cerimonias.

II Premios á Sanidade en Galicia de Sanitaria 2000

Miguel  Santalices  destacou no acto de entrega dos II Premios á Sanidade de Galicia, convocados por Sanitaria 2000, celebrados en Santiago, ao avance rexistrado polo sistema sanitario galego nas últimas décadas .

As claves deste avance débese, a xuízo de Santalices, á “elevada capacidade dos profesionais sanitarios” e a unha “xestión acaída ás necesidades de Galicia”, especialmente desde que se fixo efectivo o traspaso das competencias en materia de asistencia sanitaria á Comunidade Autónoma, asumidas pola Xunta hai 25 anos, o 2 de xaneiro de 1991.

Valorou o labor divulgativo desenvolvido polos medios de comunicación, como os que integran o grupo Sanitaria 2000, e felicitou aos galardoados na edición deste ano, entre outros, Premio a la Administración Sanitaria  “Acuerdo de las Universidades de A Coruña, Vigo y Santiago con las Consellerías de Sanidade y Educación” e Premio  a la Personalidad Sanitaria Gallega  a “José Ignacio Carro Otero. Presidente de la Real Academia de Medicína”.

Concluíu a súa intervención lembrando a dous profesionais da medicina recentemente falecidos, os doutores Alfonso Castro Beiras e Miguel Blanco González, aos que trasladou a súa “lembranza, homenaxe e agradecemento”.