Archivos Mensuales: marzo 2016

Rubén Riós #vida

DSC_0003

 

 

Onte  recibín a visita dun dos creadores e emprendedores galegos máis comprometidos coa nosa terra, coa nosa xente, Rubén Riós.
Puden compartir momentos de ‪#‎vida‬!

DSC_0004

Anuncios

O Parlamento divulgará o espazo de participación cidadá na súa web entre os mozos galegos

DSC_0012

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices,  reuniuse esta mañá co equipo directivo da Asociación de ex parlamentarios/as da Cámara galega, para solicitarlles que colaboren na difusión da plataforma de participación cidadá do Parlamento entre a mocidade galega a través do ciclo de charlas divulgativas dirixidas ao estudantado de secundaria e bacharelato.

A web do Parlamento de Galicia ofrece desde hoxe un espazo de participación cidadá (http://www.parlamento.gal/sitios/web/ContenidoGal/ParticipacionCidada/default.aspx)  encamiñado a facer efectivas as novas posibilidades contempladas na Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá, aprobada recentemente.

Santalices convidou aos exdeputados a que expliquen estas  modalidades de participación, e a posibilidade de facelo a través da web, aos mozos e mozas que asistan ao ciclo de charlas divulgativas sobre o Parlamento e que son impartidas por ex deputados/as a alumnado de ESO e bacharelato de toda Galicia.

Considera Santalices Vieira que o mellor xeito de impulsar esta plataforma de participación é dándoa a coñecer entre a xuventuxe. Por esta razón, o Parlamento quere aproveitar o potencial de difusión das charlas coloquio dirixidas ao alumnado de secundaria e bacharelato, que cada novo curso rexistran unha maior demanda por parte dos centros interesados en acoller este tipo de actividades divulgativas.

Na reunión co presidente do Parlamento participaron o presidente  da Asociación de Ex Parlamentarios/as, Jesús María Fernández Rosende; e os vogais Ismael Rego González e Xesús Veiga Buxán.

Á posibilidade de enviar propostas, comentarios e suxestións aos textos lexislativos que se atopan en tramitación na Cámara galega (Lexisla con Nós), súmase agora  a modalidade de participación popular no control ao Goberno.

Preguntas ao Goberno

A través dun formulario dispoñible neste espazo web, calquera persoa poderá dirixir preguntas ao Parlamento de Galicia co rogo de que sexan formuladas á Xunta de Galicia. As preguntas admitidas anunciaranse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Nun prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da súa publicación, os deputados e deputadas poderán asumilas como propias para convertelas en preguntas con resposta escrita ou oral, mencionando a súa orixe, aínda que preservando a identidade da persoa asinante.

Exercer o dereito de petición ante do Parlamento de Galicia é outras das posibilidades que ofrece o novo espazo habilitado na web da institución. Deste xeito, calquera persoa pode exercer o dereito de petición, de xeito individual ou colectivo.

Outras fórmulas de participación

Ademais a web da Cámara ofrece información exhaustiva sobre as restantes fórmulas contempladas na Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia.

Coa entrada en vigor desta lei, Galicia converteuse nunha das comunidades nas que máis doado resulta exercer a iniciativa lexislativa popular. Para presentar ante o Parlamento de Galicia unha proposición de lei de iniciativa popular abonda con esta vaia acompañada de polos menos 10.000 sinaturas (anteriormente requeríanse 15.000).

A Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia tamén contempla o impulso da acción de Goberno a través de proposicións non de lei. Neste caso, calquera persoa coa súa sinatura e a doutras nove, ou calquera persoa xurídica que represente intereses sociais e actúe lexitimamente a través dos seus órganos, poderá promover a presentación de proposicións non de lei ao Parlamento de Galicia.

 O número requirido de sinaturas de persoas lexitimadas para subscribir unha proposición non de lei de iniciativa popular é de 2.500. De seren admitidas, estas proposicións non de lei poderán ser asumidas por calquera grupo parlamentario para convertelas en proposición non de lei en pleno ou en comisión. Ao formulalas, deberá mencionarse sempre a súa orixe, aínda que preservando a identidade das persoas asinantes. As proposicións non de lei admitidas pola Mesa e non asumidas por ningún grupo parlamentario decaerán transcorridos quince días tras o seu anuncio no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

DSC_0024

XX aniversario do 061

RTSU Amarilla Quixera hoxe facer público o meu recoñecemento a todo o persoal do 061 co gallo do seu XX aniversario.
Posiblemente, o feito máis importante que se conqueriu coa transferencia do SERGAS, do que acabamos de celebrar o XXV aniversario, foi a creación do 061, así o avala o nivel de satisfacción dos usuarios que sempre recoñeceron e valoraron positivamente o seu traballo.
Feliz día a todos!

A Fundación San Rosendo festexou ao seu Patrón

entrega medallas ex trabajadores

IMG-20160321-WA0000

O xoves, 17 de marzo, asistín, xunto cos traballadores da Fundación San Rosendo, á celebración da festividade do seu patrón no Hotel Balneario Laias Caldaria (Cenlle). Cerca de 900 traballadores procedentes dos distintos centros de toda Galicia, tanto da terceira idade como de discapacitados, sumáronse a esta reunión anual de caracter festivo, aínda que tamén se aproveitou para manter reunións de traballo e de intercambio de experiencias entre os distintos profesionais, como sacerdotes, sanitarios ou psicólogos, entre outros.

A Fundación San Rosendo leva máis de 20 anos prestando un servicio asistencial a colectivos desfavorecidos de Galicia. Conta con 70 centros, dos que 59 son residencias para atender a persoas maiores e 11 son centros para atender exclusivamente a persoas con discapacidades físicas ou psíquicas. San Rosendo foi unha das primeiras institucións de Galicia en certificar a calidade dos seus centros. En concreto, os centros para discapacitados de Santa María e Santa Cruz lograron a súa certificación no ano 2007.