Archivo de la categoría: Sanidade

Acto de graduación da oitava promoción da Escola Universitaria de Enfermería Povisa

image_6483441“Parlamento de Galicia, Medicina e Sociedade”, foi o título da conferencia pronunciada esta tarde polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, no acto de graduación da oitava promoción da Escola Universitaria de Enfermería Povisa, en Vigo.

Santalices destacou ao “papel fundamental” que desenvolve a enfermería na administración de coidados de calidade, axeitados a cada contexto asistencial. Ao seu xuízo, a enfermería constitúe unha “peza clave” na asistencia sanitaria.

O presidente do Lexislativo galego referiuse á evolución histórica das especialidades de enfermería, que teñen o seu inicio no ano 1957 coa especialidade en obstetricia e xinecoloxía (matrona/matrón). Para Santalices, o Decreto 81/2016, da Xunta de Galicia, polo que se crea no Sergas a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista, constitúe un punto de inflexión na medida en que senta as bases para a implantación gradual das especialidades de enfermería (familiar e comunitaria, saúde mental, traballo, pediatría, xeriatría, e de coidados médico-cirúrxicos).

Na súa intervención, o titular da Cámara galega fixo un repaso pola historia, competencias, funcionamento e composición actual do Parlamento de Galicia.

Referiuse Santalices aos diferentes mecanismos de participación cidadá no Parlamento de Galicia e á intensidade do traballo na institución, que con 506 horas de debate en Pleno desde o inicio da Lexislatura segue sendo á Cámara autonómica máis activa de España. Ademais, o Lexislativo galego sitúase entre os máis baratos e eficientes do conxunto do Estado, cun custe 3,5 veces inferior ao Parlament de Cataluña, a metade do Parlamento Vasco ou 2,8 veces máis barato que o Parlamento de Andalucía.

O presidente da Cámara defendeu tamén a política de portas abertas do Parlamento e o “intenso compromiso social” da institución.

No ámbito sanitario, Santalices debullou as diferentes iniciativas que a Cámara desenvolve en materia de promoción da saúde en colaboración con diferentes sociedades médicas. Sinalou, como exemplo, campañas como a de detección precoz do glaucoma, sobre reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibrilador externo semiautomático, de doazón de sangue, vacinación, promoción da dieta cardiosaudable ou a de prevención do melanoma.

Apuntou que das arredor de 400 leis aprobadas polo Parlamento de Galicia ao longo da súa historia, arredor de 30 gardan relación directa coa saúde. Santalices puxo tamén en valor o sistema sanitario galego,  “un modelo ben valorado pola cidadanía”.

Anuncios

Xornada de coñecemento prevención do melanoma

DSC_0027O Parlamento de Galicia acolleu esta mañá unha xornada de coñecemento e prevención do melanoma, enmarcada na campaña Euromelanoma, unha iniciativa paneuropea iniciada en Bélxica en 1999 e que na actualidade está implantada en 33 países. A iniciativa ten como obxectivo promover a prevención do cancro cutáneo e o seu diagnóstico temperán, dirixindo as súas actividades tanto ao público en xeral, como á comunidade científica e ás autoridades sanitarias.

A actividade celebrada na Cámara galega comezou con cadansúa  ponencias formativas a cargo do Dr. Hugo Vázquez Veiga, xefe do Servizo de Dermatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e O Barbanza; e da Dra. María Ángeles Flores Menéndez, xefa do Servizo de Dermatoloxía da xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, que falou sobre “Fotoprotección, a defensa eficaz”. Durante a xornada, tamén se realizaron actividades de revisión voluntaria de lunares da pel.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, foi o encargado de presentar aos ponentes nunha intervención na que reiterou o compromiso da Cámara a prol da divulgación e a prevención sanitaria. “Trasladar mensaxes de saúde á poboación é unha das nosas obrigas”, afirmou.

Posteriormente, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo presidente do Parlamento e portavoces, visitou aos facultativos e participantes nesta iniciativa, onde foi informado sobre os obxectivos  da xornada de coñecemento e prevención do melanoma.

A incidencia do Melanoma Maligno (MM) incrementouse de maneira preocupante nas últimas décadas nas poboacións de pel branca. En España estímase a taxa anual de MM en 11 casos novos por 100.000 habitantes, o que equivale a 300 casos novos ao ano en Galicia. En España, morren por melanoma 710 persoas ao ano, das cales 41 fano en Galicia.

O MM é un tumor potencialmente moi agresivo. É frecuente que o MM afecte a adultos mozos e pacientes de idade media, co consecuente impacto negativo nos anos de vida perdidos e alto custe sanitario e social.

No momento actual, o diagnóstico e tratamento precoz, a chamada Prevención Secundaria, seguen sendo esenciais para poder modificar o curso natural da enfermidade, tanto en termos de morbilidade como de mortalidade. Por isto, o diagnóstico en estadios temperáns do MM supón un reto para os sistemas de saúde.

Vale como exemplo que un Estadio IA a taxa de supervivencia a 5 anos é aproximadamente do 97% e a taxa de supervivencia a 10 anos é aproximadamente do 95%, mentres que nun Estadio IV a taxa de supervivencia a 5 anos é aproximadamente do 15% ao 20%. A taxa de supervivencia a 10n anos é aproximadamente do 10% ao 15%.20180620_feijoo_01

Neste contexto, a educación en exposición solar saudable considérase unha ferramenta clave.

 

 

Acto de entrega do nomeamento como fillo predilecto de Muros e a imposición da medalla da vila ao profesor Juan Jesús Gestal

20180401_santalices_08O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou este mediodía no acto de entrega do nomeamento como fillo predilecto de Muros e a imposición da medalla da vila ao profesor Juan Jesús Gestal Otero, natural desa localidade.

No acto, que tivo como escenario a Casa da Cutlura de Muros, Santalices Vieira destacou a intensa traxectoria do Dr. Gestal Otero, catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago, na que foi decano da Facultade de Medicina.

O presidente do Parlamento felicitou á Corporación municipal de Muros pola distinción que hoxe foi entregada ao Dr. Gestal Otero, ao que Santalices lle agradeceu “a súa docencia e a preocupación que tivo sempre por formarnos; nunca descansou nese traballo”.

Destacou tamén o presidente do Lexislativo galego a capacidade do profesor Gestal  para transformar, a partir de 1978, a asignatura de Hixiene e Medicina Preventiva,  unha materia “difícil e áspera”, nunha “asignatura amable”. “Grazas por inculcarnos  a importancia da saúde pública”, continuou Santalices dirixíndose ao profesor Gestal Otero, do que tamén destacou a decisión “valente” de implantar a vacinación contra a meninxite, unha medida que “lle temos que agradecer” porque “evitou moitas mortes e moitas secuelas desa enfermidade”.

O titular da Cámara galega subliñou tamén o traballo do profesor Gestal para dotar a Santiago dunha nova Facultade de Medicina e valorou a “xenerosidade” coa que atendeu e orientou sempre  as consultas ou problemas que se lle plantexaron, como “eu mesmo, desde o Parlamento”.

Santalices agradeceu, igualmente, os consellos recibidos do profesor Gestal á hora de orientar a súa carreira profesional cara a xestión sanitaria; e tamén a súa decidida aposta pola transferencia das competencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia, cando se plantexou esta posibilidade.

Durante o acto, Santalices Vieira deu lectura a unha mensaxe da presidenta do Congreso dos Deputados Ana Pastor, que desculpou a súa asistencia ao acto  e destacou a “vocación de servizo público” do homenaxeado.

O Parlamento anima a participar na campaña de vacinación antigripal.

DSC_0368O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e mailo conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña, visitaron esta mañá o servizo médico da Cámara para interesarse polo desenvolvemento da campaña de vacinación antigripal e concienciar á poboación sobre a importancia de vacinarse.

Animaron especialmente a vacinarse contra a gripe á poboación con risco de complicacións no caso de padecer este proceso vírico. Santalices insistiu en que o efecto preventivo da vacina é moi elevado e explicou que desde o Parlamento se fomentan estas prácticas, porque a Cámara está sempre ao carón dos problemas da sociedade.

Durante a visita foi administrada a vacina a deputados e deputadas da Cámara.

O director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez, tamén participou no acto.

Foro organizado polo Museo do Pobo Galego sobre O futuro da Sociedade do Benestar nunha Galicia avellentada

Miguel Ángel Santalices Vieira, participa no foro  O futuro da Sociedade do Benestar nunha Galicia avellentadaO presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, considera que chegado o momento haberá que abrir un debate sosegado e exento de demagoxia sobre o financiamento do sistema sanitario público de cara a garantir a súa sostibilidade, presente e futura, no conxunto do Estado. Santalices Vieira participou esta tarde nun foro sobre O futuro da Sociedade do Benestar nunha Galicia avellentada, organizado polo Museo do Pobo Galego no marco da conmemoración do seu 40 aniversario.

Para o presidente do Parlamento, garantir a sostibilidade do Estado de Benestar –configurado pola sanidade, a educación e as políticas sociais públicas-  é unha prioridade para calquera responsable político e recordou que factores como o envellecemento da poboación e a crise demográfica condicionan a xestión.

Recordou a evolución rexistrada polo modelo da sanidade pública en España, que pasou dun sistema conmutativo ao actual, de carácter distributivo, no que a sanidade pública se financia a través dos impostos e ofrece cobertura universal. Atribuíu este avance aos dereitos consagrados pola vixente Constitución de 1978.

Galicia, por riba da media

Apuntou Santalices que co actual modelo de financiamento, as Comunidades Autónomas dispoñen de liberdade para fixar as súas prioridades de gasto,  o que explica, por exemplo que Galicia destine a sanidade un presuposto per cápita superior á media do Estado.

O gasto sanitario público consolidado segundo CCAA en España (Estatística de Gasto Sanitario Público 2015) acada o 6,1% do PIB, porcentaxe que se incrementa ao 6,8% no caso de Galicia. A media europea sitúase no 7,2%.

Recordou que o proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2018 destina a gasto social 7.118 millóns de euros dun total de 9.124,4 millóns de euros de gasto total das consellerías.  A sanidade recibirá 3.858 millóns de euros nas contas da Xunta para o vindeiro exercicio.

Santalices Vieira apuntou que a preservación do Estado de Benestar require novos cotizantes e tamén a adopción de medidas encamiñadas a potenciar a eficiencia do sistema, incluíndo o control do gasto farmacéutico, o uso racional dos recursos, a educación para a saúde e a promoción de hábitos de vida saudable que diminúan o gasto sanitario a medio e longo prazo.

Esforzo fiscal progresivo

Con todo, Santalices opinou que sería desexable incrementar o gasto sanitario ata equiparalo coa media comunitaria, financiándoo a través de impostos progresivos vinculados á renda, de xeito que as persoas con máis ingresos contribúan en maior medida ao sostemento do modelo.

O presidente do Parlamento animou tamén a cambiar a visión sobre o envellecemento, converténdoo nunha oportunidade, na medida en que xera empregos e recursos que mesmo poden contribuír a fixar poboación no rural coa prestación de asistencia ás persoas maiores no seu contorno habitual.

Termalismo terapéutico

Reiterou tamén os beneficios que se derivarían de incorporar o termalismo terapéutico á oferta do sistema nacional de saúde, convencido de que os tratamentos termais correctamente indicados poden reducir a prescripción farmacolóxica e os ingresos hospitalarios, co correspondente aforro para as arcas públicas, ademais de xerar actividade económica arredor dos balnearios.

O presidente do Parlamento de Galicia reivindicou a calidade da sanidade pública, “unha das mellores do mundo” e tamén unha das mellor valoradas polos usuarios. Asi o acredita unha enquisa que revela que o 44% da poboación considera que a atención sanitaria en España é mellor que a doutros países da UE, porcentaxe que supera en 10 puntos a percepción media dos europeos.

RECONOCIMIENTO A LOS PROFESIONALES SANITARIOS DE QUIROGA

Foto de Grupo con HomenajeadosEl presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, y el conselleiro de Sanidade de la Xunta, Jesús Vázquez Almuiña han encabezado hoy el concurrido reconocimiento que la Asociación de Médicos de Galicia (Asomega) ha ofrecido a los profesionales sanitarios de la comarca lucense de Quiroga (Folgoso de Caurel, Quiroga y Ribas de Sil).

A la celebración del encuentro han acudido más de 100 personas, entre personalidades del ámbito sanitario y familiares. En la inauguración, el presidente Santalices ha resaltado “la importante labor que Asomega viene desempeñando desde sus inicios por mantener fuerte y vivo el vínculo del profesional sanitario que trabaja fuera de Galicia con su tierra natal”. Además, ha glosado su vínculo personal y profesional con la Sanidad y lo ha hecho extensivo a las actividades futuras de Asomega.

En la clausura, el conselleiro Vázquez Almuiña ha agradecido a Asomega la celebración de este reconocimiento y ha resaltado que son los profesionales sanitarios como los homenajeados en Quiroga los que están haciendo posible una de las líneas estratégicas de la Conselleria: la coordinación de la atención primaria y la especializada, especialmente intensa e importante en el ámbito rural.

Antes de las palabras del conselleiro, el presidente de Asomega, Julio Ancochea, ha agradecido la labor de sus antecesores en el cargo y se ha comprometido a seguir con pasión su tarea, recalcando los valores humanos como eje de la actividad del profesional sanitario. También ha elogiado la figura del médico rural como ejemplo de la necesaria humanización de la medicina.

El momento más entrañable del reconocimiento ha sido la intervención de Inmaculada Ramos, vicepresidenta de Asomega, que ha rendido tributo a los profesionales sanitarios de la comarca que ejercieron durante su niñez, entre los años 1971 y 1981, destacando la importancia de su labor para mantener el bienestar y la salud de los vecinos de Quiroga.

Junto al alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, han asistido al reconocimiento personalidades relevantes del sector sanitario como Miguel Carrero, presidente de Previsión Sanitaria Nacional; los presidentes de los colegios de Médicos de Lugo y A Coruña, Manuel Boquete y Luciano Vidán, respectivamente, diputados del Parlamento de Galicia como Julia Rodríguez, senadores nacionales como Dámaso López y Carmen Leyte y el expresidente de la Organización Médica Colegial, Juan José Rodríguez Sendín.

El Reconocimiento ha concluido con la entrega de diplomas a familiares de desaparecidos y a homenajeados presentes y con la tradicional foto de familia con las autoridades.

O Parlamento recibe ao alumnado gañador do concurso Os Chefs saudables, convocado por Sanidade para promover hábitos sanos

DSC_0061O alumnado gañador do concurso Os chefs saudabes, pertencente ao CEIP Eulogio Gómez Franqueira, de San Amaro (Ourense), visitou esta mañá o Parlamento de Galicia no marco das  diferentes actividades nas que hoxe participan en Santiago como premio ao seu traballo. Os gañadores deste certame foron felicitados polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, e polo conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña.

O Concurso Os chefs saudables  forma parre do obradoiro “Traballando por unha mocidade saudable”, organizado pola Xefatura Territorial de Sanidade en Ourense para incentivar a alimentación sana e o exercicio físico entre o estudantado de educación infantil e primaria.

Durante o acto organizado na sede do Lexislativo galego visionouse o vídeo gañador do concurso, no que o alumnado do CEIP Eulogio Gómez Franqueira explica o proceso de elaboración da receita que obtivo o primeiro premio, consistente en salmón en papillote gornecido con patacas e corazóns de leituga primaverais. Tamén se visionaron os tres vídeos finalistas, presentados polo CEIP Virxe Pena da Sela, CEIP Sarreaus e CEIP Mariñamansa.

O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, felicitou á Consellería de Sanidade por esta iniciativa de promoción dos hábitos de vida saudables entre os máis novos. Recordou que “comer sano é o mellor para a saúde” e considerou que os participantes neste concurso constituen un “exemplo” para os adultos. Agregou Santalices que como presidente do Parlamento está empeñado en promover os hábitos de vida saudable. Pediu ao profesorado que lle fagan chegar a receita gañadora para trasladala ao persoal da institución.

O presidente do Parlamento tivo tamén palabras de recoñecemento para o profesorado, colectivo que, na súa opinión, exerce un “traballo complicado que non sempre é recoñecido pola sociedade” como realmente merece.