Archivo por meses: diciembre 2015

Comparecencia do Conselleiro de Sanidade

Agradezo ao conselleiro de sanidade que na súa comparecencia de hoxe na Sesión Plenaria do Parlamento de Galicia, confirmara que:

  • No edificio anexo do hospital Xeral de Vigo, haberá dispositivos asistenciais sanitarios, manterase o soporte radiolóxico para cubrir as necesidades do PAC (Punto de Atención Continuada).
  • Garantízase a atención ao Ictus no sur de Galicia. Vigo e Ourense compartirán esta atención evitando o desprazamento do paciente, garantindo a atención inmediata.
  • Os lesionados medulares do sur de Galicia terán garantida a súa atención de continuidade (revisión) no hospital Álvaro Cunqueiro, tal como acordou o Parlamento de Galicia.
  • Traeranse ao Parlamento os datos que arroxe o Rexisto Único de mortalidade por Infarto Agudo de Miocardio. A súa análise servirá para tomar dicisións con respecto á implantación da Hemodinámica funcionando as 24 horas en Ourense e Lugo.

UNHA BOA COMPARECENCIA.

VIII