Archivo de la categoría: Parlamento

Unha delegación dos departamentos colombianos de Caldas e Risaralda visita o Parlamento de Galicia

delegacioncolombia3Unha delegación dos departamentos colombianos de  Caldas e Risaralda visitou este mediodía o Parlamento de Galicia, onde foi recibida polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

A visita do Parlamento enmárcase nas actividades organizadas para conmemorar o 250 aniversario do nacemento do prócer e científico colombiano  Francisco José de Caldas (1768-1816), tamén coñecido como “El sabio Caldas” ou “Caldas, el Gallego”, polas súas orixes galegas. Participou tamén na visita o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey.

O Concello de Caldas de Reis, de onde era oriúndo o pai do científico homenaxeado, designou a Francisco José de Caldas fillo adoptivo no ano 2016, coincidindo co bicentenario da súa morte, e participa agora na conmemoración do seu nacemento.

Francisco José de Caldas foi un destacado científico ilustrado do Virreinato de Nova Granada.  Membro da expedición botánica que estudou e cartografou  os actuais territorios de Colombia e Ecuador, tamén foi director do primeiro observatorio astronómico de América, construído en Bogotá. Destacou polos seus traballos en materia de astronomía, física, xeografía e botánica.

A 39ª Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París en novembro de 2017, acordou asociarse aos actos de conmemoración do 250 aniversario  do nacemento de Francisco José de Caldas, por tratarse dunha “personalidade de estatura xenuinamente universal” que permite reflectir “os ideais, valores e diversidade cultural da UNESCO”.

Anuncios

XXXIV premio “Celanova, Casa dos poetas”, concedido polo Padroado da Fundación Curros Enríquez ao Parlamento de Galicia

DSC_1976O Parlamento de Galicia recibiu hoxe o XXXIV premio “Celanova, Casa dos poetas”, concedido polo Padroado da Fundación Curros Enríquez. O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, recolleu o galardón, que considerou “un estímulo para seguir traballando e que nos obriga a intensificar o noso esforzo” nos ámbitos que premio recoñece.

Referíase Santalices á súa aposta por  “manter e reforzar o traballo da Cámara no ámbito da cultura galega, mesmo cunha programación cultural propia”, e tamén a “abrir o Parlamento”, de maneira que a xente poda coñecer a sede da institución e tamén que a institución “estea presente e se faga visible entre a xente”. Recordou, ademais, a existencia de “fórmulas novidosas” para facilitar a participación da cidadanía na vida parlamentaria, sexa impulsando proposicións de lei e non de lei, formulando comentarios ou suxestións aos proxectos lexislativos en tramitación ou propoñendo preguntas ao Goberno, sempre nun contexto de transparencia. “Galicia foi pioneira e marcou o camiño a seguir por outros parlamentos”, afirmou o presidente do Parlamento de Galicia.

O Premio “Celanova, casa dos poetas” recoñece tamén o impulso do Parlamento de Galicia ás relacións cos lusofonía, “unha tarefa tan lóxica como obrigada”, máxime logo de ter aprobado, por unanimidade, a lei de iniciativa popular Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos cos lusofonía.

Para Santalices, “o noso bilingüismo é un auténtico tesouro” na medida en que falar galego e castelán permíteme a comunicación con 500 millóns de castelán falantes e con 250 millóns de persoas de fala lusófona.

Ao seu xuízo, “a cultura galega ten, desde sempre, vocación de universalidade, un potencial que desde os poderes públicos estamos obrigados a reforzar, como facemos desde o Parlamento na medida das nosas modestas posibilidades”.

O titular do Parlamento de Galicia referiuse tamén ás relacións de veciñanza entre galegos e portugueses. “A fronteira sempre foi un concepto difuso, unha prolongación natural de nós mesmos e das nosas familias, herdanza viva da Gallaecia de outrora”.

Santalices Vieira expresou o seu agradecemento á Fundación Curros Enríquez pola concesión deste premio, do que destacou a súa “forte carga simbólica”. “Nuns tempos nos que tanto se cuestiona a política, os políticos e as propias institucións, este recoñecemento acredita que hai razóns para a esperanza e que con todos os seus erros, que debemos esforzarnos en corrixir, o parlamentarismo continúa sendo a esencia da democracia e da convivencia harmónica entre persoas que opinan de maneira diferente”.

Ao recoller o premio, afirmou Santalices, “as 75 deputadas e deputados da Cámara galega reiteramos o solemne compromiso  de nos esforzar cada día no exercicio da alta representación que nos foi outorgada nas urnas; desde o respecto ás lexítimas diferenzas ideolóxicas que enriquecen o debate, pero facémolo, sobre todo, na procura dunha Galicia mellor”.

Santalices compartiu o premio cos presidentes e presidentas que o precederon na Presidencia da Cámara, “porque o que aquí se recoñece hoxe non xurdiu antonte” e agradeceu a concesión do mesmo, en nome propio,  no de todas as persoas que teñen ocupado un escano desde a constitución da Cámara e no do persoal da institución, “que cada día poñen o mellor de si mesmos ao servizo do Parlamento e da Comunidade Autónoma”.

Sinatura da acta do Xurado dos Premios Rebulir

DSC_0004O titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, na súa condición de presidente de honra do Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega, asinou este mediodía en Santiago a acta do xurado encargado de conceder estes galardóns logo da reunión celebrada esta mañá en Ourense. O fallo do xurado farase público esta tarde.

A sinatura da acta tivo lugar no transcurso dunha reunión do presidente do Parlamento con Alexandre Sotelino Losada, profesor da USC,  director artístico/académico do Festival Internacional Rebulir (FIR) e secretario do Xurado dos Premios Rebulir.

O Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega está presidido por  Sandra González Sousa (presidenta da AC. Rebulir) mentres que actúa como secretario Alexandre Sotelino Losada (profesor da Universidade  de Santiago de Compostela e director artístico/académico do FIR). Tamén integran o xurado, como vogais, Juan Carlos Rodríguez Matías (alcalde do Concello de Ramirás), Rosendo L. Fernández Fernández (vicepresidente da Deputación  de Ourense), Anxo M. Lorenzo Suárez (secretario xeral de Cultura da Xunta de  Galicia), Susana Durán González (directora administrativa do FIR), e  Xosé M. Cid Fernández (profesor da Universidade de Vigo).

Os Premios Rebulir da Cultura Galega naceron no ano 2012 como recoñecemento a persoas e colectivos  que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. A entrega ten lugar cada ano na gala central do Festival Internacional Rebulir, que se celebra en Ramirás (Ourense) O galardón consta de tres categorías: Música galega, Patrimonio oral inmaterial e Premio homenaxe.

XXV edición Premios de Publicidade en Galego

Os Premios de Publicidade en Galego, que en 2018 acadan a súa XXV edición, incorporarán este ano unha categoría extraordinaria que recoñecerá proxectos elaborados por alumnado de centros educativos e que se sumará ás catro que se viñan recoñecendo ata o de agora: radio, televisión, internet e prensa escrita.

DSC_0004As bases da convocatoria da XXV edición dos Premios de Publicidade en Galego foron aprobadas nunha reunión celebrada este mediodía no Parlamento de Galicia coa participación do titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez; e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez.

Estes premios recoñecen accións publicitarias difundidas ou transmitidas integramente en galego entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017. O prazo de inscrición na convocatoria estará aberto para o 11 de outubro de 2018 e os premios entregaranse no mes de novembro deste ano.

Nas categorías de radio, televisión, Internet e prensa escrita establécense dúas modalidades de premio: para a empresa anunciante e para a axencia de publicidade autora do anuncio.

O premio extraordinario busca recoñecer os traballos realizados polo alumnado dos centros educativos especializados nalgunha das áreas de coñecemento que teñan que ver coa publicidade durante o curso 2017-2018. Estes centros deberán formalizar tamén a folla de inscrición.

Ata o ano 2016 os Premios de Publicidade en Galego viñan sendo convocados polo Consello Asesor de RTVE-G e da Corporación da RTVG, agora disolto. Desde 2017, son convocados pola Secretaría  Xeral de Política Lingüística da Xunta, coa colaboración do Parlamento de Galicia e do Foro Enrique Peinador.

Na pasada edición dos Premios de Publicidade en Galego resultaron gañadores, na categoría de televisión, o traballo “Imposible sen ti”, da axencia Tex 45 Producións SLU, por encargo de Abanca Corporación Bancaria, SA. O premio da categoría de radio foi para o anuncio “Medo a quedar sen datos”, da axencia Bap&Conde, para R Cable e Telecomunicacións Galicia, SA. Na categoría Internet resultou galardoado o anuncio “A túa compra, os teus temazos”, da axencia Nasas, axencia creativa de márketing online, elaborado por encargo de Gadisa Retail, SLU. O xurado declarou deserto o premio á categoría de prensa escrita porque o traballo presentado non se axustaba ás bases da convocatoria.

O Consello de Contas entrega no Parlamento a memoria anual do ano 2017 e os informes de fiscalización referidos ao ano 2016

DSC_0026O conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a memoria e as contas correspondentes ao ano 2017 e os seguintes informes de fiscalización,  que se atopan na páxina web do Consello de Contas:

  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2016, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación
  • O Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2016
  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2016
  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2016
  • O Informe de fiscalización de Fondos europeos, exercicio 2016
  • O Informe de seguimento de recomendacións ás fundacións sanitarias públicas (Medicina Xenómica, Ingo e Fegas)
  • O Informe de fiscalización do procedemento de xestión do inventario de bens do Sergas, exercicios 2015-2016
  • O Informe de fiscalización do gasto en atención residencial a persoas maiores e dependentes
  • O Informe de fiscalización da tesouraría da Administración Xeral, exercicios 2014-2016
  • O Informe de fiscalización selectiva sobre a farmacia hospitalaria, exercicios 2014-2016

Esta remisión engádese á realizada o 9 de febrerio deste ano, na que se presentaran os seguintes informes:

  • O informe de fiscalización dos Fondos de Compensación Interterritorial
  • Os informes de fiscalización dos Concellos de O Barco de Valdeorras, de Oleiros, de Santiago de Compostela e de Marín.
  • O informe de fiscalización sobre a estabilidade orzamentaria das Corporacións Locais de Galicia.
  • Os informes de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa dos Concellos de Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, e das catro Deputacións Provinciais.
  • O informe global de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa.

No que vai de ano, o Consello de Contas de Galicia remitiu ao  Parlamento un total de 28 informes.

O informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma correspondente ao exercicio 2016 contén por primeira vez a opinión sobre a representatividade xeral dos estados contables da Administración xeral, o Sergas e as demais entidades instrumentais autonómicas.

Segundo a dita opinión, o Pleno do Consello de Contas declara que a Conta Xeral reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2016, presentando determinadas deficiencias e limitacións que se sinalan nos respectivos informes de fiscalización.

 Do total de entidades locais de Galicia, o 95% remitiron as súas contas ao Consello, considerándose rendidas sen defectos o 93%. Das contas rendidas, as correspondentes a 76 entidades foron remitidas fóra de prazo.

Cabe destacar que o gasto por habitante nos concellos de Galicia se situou no 2016 en case 795 euros, un 5% menos que o ano pasado, por baixo da media nacional que se sitúa en 951 euros.

Parlamento, Xunta e Museo do Pobo Galego patrocinarán unha exposición de artistas plásticos bávaros e galegos

20180718_103934O Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Museo do Pobo Galego patrocinarán conxuntamente unha exposición  que amosará, en Santiago, obras de artistas bávaros e galegos.

O acordo formalizouse esta mañá coa sinatura dun protocolo de colaboración asinado polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González.

A mostra levará por título “Galicia-Baviera” e permitirá dar continuidade ao intercambio que artistas galegos e alemáns da rexión de Baviera veñen desenvolvendo desde hai máis de 20 anos.

A exposición estará aberta ao público no Museo do Pobo Galego, en Santiago, durante o cuarto trimestre de 2018. De xeito paralelo, as institucións asinantes do protocolo editarán un catálogo recompilatorio das obras expostas, ademais de organizar unhas xornadas de encontro nas que tomarán parte artistas galegos e bávaros. O responsable artístico a mostra será o pintor galego Antón Sobral Iglesias.

O presidente do Parlamento adiantou que impulsará a promoción desta mostra a través da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), da que tamén forma parte Baviera. Logo de ser amosada en Santiago, a exposición viaxará a Alemania.

Visita ao Parlamento de Galicia da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL)

DSC_0002Unha delegación da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL) visitou este mediodía o Parlamento de Galicia, onde mantiveron un encontro co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieita, ademais de efectuar unha visita á sede do Lexislativo galego.

A delegación está encabezada pola presidenta da NCSL e membro do Senado de Dakota do Sur, Deb Peters. Tamén acudiu a presidenta  electa da NCSL e membro do Senado de Illinois, Toi Hutchinson. Participaron, ademais, representantes dos lexislativos de Wisconsin, Carolina do Norte, Kentucky, Texas e Novo México, ademais de integrantes da estrutura da NCSL.

Durante a reunión, o presidente do Parlamento de Galicia explicou a historia, funcionamento e competencias da Cámara galega, ademais de interesarse polo funcionamento das cámaras lexislativas estatais dos Estados Unidos e da propia NCSL.