O Parlamento de Galicia reafirma o seu compromiso coa igualdade nunha concentración ante a súa sede

DSC_0037IgualdadeO Parlamento de Galicia celebrou este mediodía unha concentración de cinco minutos de duración, convocada pola Presidencia da Cámara na escaleira principal do Pazo do Hórreo, para reafirmar o compromiso da institución coa igualdade coincidindo co Día Internacional da Muller.