Presentación

Miguel Ángel Santalices Vieira
Bande  1955

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela; máster en Alta Dirección, Xestión e Administración Sanitaria pola Escola de Cataluña (EADA); diplomado en Dirección Hospitalaria e en Sanidade, e máster en Saúde Pública. Diploma de directivo da Xunta de Galicia. Funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala Saúde Pública e Administración Sanitaria. É membro do Comité Executivo Provincial do PP de Ourense. Secretario executivo de Servizos Sociais. É deputado no Parlamento de Galicia desde a V lexislatura. Foi vicepresidente da Cámara na V e VIII lexislaturas, en substitución de Celso Delgado Arce e José Manuel Baltar Blanco, respectivamente. Portavoz de Sanidade na VI e VII lexislaturas, e portavoz suplente na V, ademais de vocal e presidente de diversas comisións. Actualmente é Vicepresidente do Parlamento de Galicia e portavoz de Sanidade do Grupo Popular.

Deja un comentario