Archivos Mensuales: noviembre 2015

Xestión da sanidade pública na provincia de Ourense

 

Moción debatida na sesión plenaria, 24 e 25 de novembro, sobre a xestión da sanidade pública na provincia de Ourense.

Baixo o Goberno do PP en Ourense, abordouse:

  • Xestión Integrada con Valdeorras e Verín.
  • Reforma total do Complexo Hospitalario, acabando coas habitacións de 3 camas e ganando confortabilidade.
  • Hasta a fecha, invertidos 18.767.709 €, un 45,6% do presuposto.
  • 41% executado de innovación 4,6 millóns de euros.
  • Construíronse 6 Centros de Saúde (A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín e A Peroxa)
  • Están licitados os Centros de Saúde do Couto, Barbadás e Pontedeva.
  • Acadouse un acordo cos representantes sindicais que permite convocar 31 plazas de facultativos. (Contratos estables a interinos)
  • Cubriranse varias xefaturas de sección.
  • Reorganización das gardas na Área Médica.
  • Moi importante a GARDA DE RADIOLOXÍA INTERVENCIONISTA, un primeiro paso para a abordaxe  do ICTUS.
  • A Hemodinámica 24 horas funcionando, aterase aos datos de Rexistro Único de Mortalidade por Infarto.

 

DSC_0027

Anuncios

Celebración do Día Universal da Infancia

O Parlamento de Galicia sumouse hoxe á celebración do Día Universal da Infancia acollendo un Pleno, organizado coa colaboración de UNICEF e que tivo como protagonistas a 65 escolares de tres colexios compostelanos que fixeron públicas diferentes propostas relacionadas cos dereitos do neno.

Tal día coma hoxe, hai 26 anos, aprobouse a Convención sobre os dereitos do neno, “unha conquista importante para moitos nenos e nenas que non só non tiñan dereitos, senón que carecían de consideración algunha”.

Lamento ter que recoñecer “con mágoa” que no mundo actual “aínda hai millóns de nenos que non disfrutan dos máis elementais dereitos”, razón pola que animo aos rapaces presentes a valorar os dereitos que disfrutan.

 

Minuto de silencio no Parlamento de Galicia en memoria das vítimas dos atentados de París

16-11 Minuto de silencio ParísO Parlamento de Galicia sumouse este mediodía ás diferentes institucións públicas que hoxe gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados rexistrados o pasado venres en París, ao tempo que amosa a súa solidariedade co pobo francés. A concentración de repulsa contra os atentados de París tivo lugar na escaleira exterior do Pazo do Hórreo e nela participaron deputados e persoal da Cámara lexislativa e do Valedor do Pobo.

14 de novembro, Día Mundial da Diabetes

Como portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular, teño a ben facer esta aportación, na celebración do Día Mundial da Diabetes, 14 de novembro.

O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes. Neste marco, queremos unirnos e facer noso o eslogan deste día “Deteñamos a epidemia da diabetes”.
Somos conscientes de que a diabetes constitúe un auténtico reto de saúde pública. Segundo cifras oficiais, este ano cerca de 400 millóns de persoas en todo o mundo padecen esta enfermidade e os expertos recoñecen que esta cifra pode elevarse hasta os 600 millóns nos próximos 20 anos. Por outra parte, cerca de 5 millóns de persoas faleceron o ano pasado no mundo como consecuencia de complicacións desta enfermidade.
En Galicia, o 8% da poboación, uns 220.000 habitantes, é diabética. A maioría dos casos asociados a sobrepeso ou obesidade. As cifras non se quedan aquí, xa que se estima que o redor do 12% da poboación galega é prediabética, o que indica que requiren xa algún tipo de tratamento e que desenvolverán a enfermidade nun futuro próximo.
O control desta enfermidade e, sobre todo, a súa prevención supón, por tanto, un auténtico reto para os profesionais e institucións sanitarias pero, sen dúbida, debemos tomar unha actitude aínda máis proactiva se cabe para poder reverter esta situación. O lado positivo, e o realmente importante, é que se trata dunha enfermidade que se pode previr.
Estímase que un estilo de vida saudable pode evitar o desenrolo de diabetes tipo 2, a máis frecuente.
O desenvolvemento da diabetes está estreitamente ligado ao sobrepeso e a obesidade, factores que incrementan de maneira notable o risco de enfermidades cardiovasculares e tumorais. A prevención de sobrepeso e obesidade é clave nas políticas de saúde pública.
Debemos continuar centrando os nosos esforzos no fomento de hábitos de alimentación e de vida saudables desde a infancia. Este é un alicerce fundamental para frear o aumento da prevalencia da diabetes.
Garantir a saúde de futuras xeracións a través da promoción de hábitos de vida saudable e a prevención de enfermidades como a diabetes significa, ademais, dar un paso importante na sostenibilidade a longo prazo do noso sistema sanitario.
A diabetes ha de ser abordada desde a óptica dun traballo realista que aborde a incidencia desta patoloxía en Galicia.
Tamén temos que ser conscientes de que a formación continuada dos nosos profesionais é fundamental para abordar esta patoloxía de xeito eficiente, facendo un especial fincapé na poboación infantil, tanto a nivel educativo como de prevención da enfermidade.

Torre do antigo hospital de Vigo

Med_20150915_pleno_09

Na Sesión Plenaria de hoxe debatemos o uso para a torre do antigo hospital de Vigo que non debe abrir unha nova fronte de confrontación na cidade viguesa, unha vez en marcha o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Primeiramente hai que saber en que situación está o edifico, para despois formular as solucións oportunas.
A proposta para poñer en marcha unha residencia da terceira idade, non me parece a máis idónea pola verticalidade do edificio.
Considero que o que cómpre facer desde o Servizo Galego de Saúde é uha retrocesión do edificio á Tesourería da Seguridade Social onde podería instalar as súas novas dependencias.