Archivos Mensuales: mayo 2016

Visita do xeneral xefe da Forza Loxística Operativa

O xeneral de División Francisco Javier Sánchez Fernández, que o pasado 5 de maio tomou posesión como xeneral xefe da Forza Loxística Operativa e representante institucional das Forzas Armadas na Comunidade Autónoma de Galicia, efectuou esta mañá unha visita ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, no marco dunha rolda de presentación a diferentes autoridades e institucións.

 O presidente do Parlamento felicitou ao xeneral Sánchez Fernández polo seu nomeamento e desexoulle éxito no exercicio das responsabilidade que lle foi encomendada.

Santalices Vieira tamén trasladou ao xeneral Xefe da FLO o seu respecto e admiración polo labor que desenvolven as Forzas Armadas, “sentimento que comparten, estou seguro, a inmensa maioría dos galegos e galegas”.

Reunión de traballo co presidente da COPREPA

20160530_santalices_07DSC_0027

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo este mediodía unha reunión de traballo co presidente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) e titular da Xunta Xeral do Principado de Asturias, Pedro Sanjurjo González, para preparar o Plenario desa organización, que se celebrará o vindeiro mes de xullo en Oviedo.

Despois dunha reunión inicial co presidente do Parlamento de Galicia, o titular da Xunta Xeral do Principado de Asturias tamén tivo ocasión de manter un encontro cos membros da Mesa e cos portavoces dos grupos parlamentarios da Cámara galega.

Visita delegación Mexicana

 

DSC_0006Unha delegación de deputados mexicanos, integrada, entre outras persoas, por dúas deputadas e un deputado do Congreso do Estado de Guanajuato e unha rexedora de Toluca, efectuaron hoxe unha visita ao Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

Deputados pertencentes ao Partido Acción Nacional (PAN), que é un partido laico, de ideoloxía humanista, afín ás ideas tomistas e de Democracia Cristina.

PAN exerceu o Poder Executivo en México, entre os anos 2000 e 2012. Os membros deste partido denomínanse panistas.

 

XLV asamblea nacional de hemofilia en Santiago de Compostela

Miguel Ángel Santalices Vieira, afirmou na clausura da Asemblea de Socios da Federación Española de Hemofilia, que  malia a crise económica dos últimos anos, “grazas ao compromiso de todos –en primeiro lugar o dos excelentes profesionais que integran o Sistema Nacional de Saúde, pero tamén dos pacientes que souberon asumir reaxustes imprescindibles- fomos capaces de preservar un modelo que continúa entre os mellores de Europa e, por suposto, entre os primeiros do mundo desenvolvido”.

Nesta liña, argumentou que “se entre todos fomos capaces de edificar un sistema sanitario público, de acceso universal e gratuito, entre todos debemos  facer o posible por preservalo e melloralo”. Para acadar este obxectivo, a xuízo de Santalices, os responsables públicos “estamos obrigados  a traballar máis e mellor, e os usuarios a facer un uso racional dos recusos dispoñibles”.

Na súa intervención, o presidente do Parlamento valorou a achega do XXIII Simposio Médico Social e a XLV Asamblea Nacional de Hemofilia celebrados esta fin de semana en Santiago, porque actividades deste tipo –dixo- permiten intercambiar experiencias e información científica e constitúen unha experiencia enriquecedora para os enfermos de hemofilia e as súas familia.

 Desdramatizar a hemofilia

Con todo,  recordou que, na actualidade “a hemofilia xa non reviste o dramatismo do pasado”. Apuntou, nesta liña, que unha persoa hemofílica correctamente diagnosticada, co tratamento axeitado e o adestramento  necesario para o seu autotratamento “pode levar unha vida practicamente normal”.

“E confiamos en que –agregou- grazas ás investigacións en marcha, as expectativas melloren aínda máis nos próximos anos ata o punto de converter esta doenza nun cadro crónico que non limite nin a calidade nin as expectativas de vida de quen a padece”.

Entrevista con presidentes de colexios de economistas e de titulados mercantís provinciais de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o Anteproxecto de Lei de fusión dos colexios de economistas e de titulados mercantís provinciais de Galicia, en total nove colexios fusionaranse a nivel provincial, xa que na actualidade existen en Galicia catro colexios de economistas, un por provincia, e cinco colexios de titulados mercantís -A Coruña, Lugo Ourense, Pontevedra e Vigo, e sobre isto falamos na reunión que mantivemos hoxe pola mañá no Parlamento de Galicia.

DSC_0205

Visita de Xóvenes Empresarios de Lugo (AJE Lugo)

 

DSC_0203

Integrantes da Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE Lugo) efectuaron esta mañá unha visita guiada ao Parlamento de Galicia, onde tiveron ocasión de seguir o desenvolvemento do Pleno. Tamén foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, nun encontro no que estivo presente o secretario da Mesa do Parlamento, José Manuel Balseiro Orol.

Celebración do Día das Letras Galegas organizada polo Centro Galego de Barcelona

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas organizado polo Centro Galego de Barcelona e que, entre outras actividades, contou cunha conferencia impartida polo profesor Basilio Losada.
Na súa intervención, Santalices Vieira gabou o labor desenvolvido polo Centro Galego de Barcelona ao longo da súa historia (foi fundado en 1892) e co que Galicia mantén unha “eterna débeda de gratitude”. En palabras de Santalices, esta institución “actuou como faro e guía para a nosa cultura”, pero tamén como “lar agarimoso para tantos paisanos que sofriron o desarraigo nos primeiros anos da emigración”.
Do papel do Centro Galego como animador cultural, o presidente do Parlamento recordou a “extensa nómina de intelectuais que aquí disertaron  durante a ditadura –algúns deles non podían facelo ou tiñan dificultades para elo na Galicia territorial- ou pola magnífica biblioteca  do Centro –unha das mellores no seu xénero, tamen para os eruditos- na que non poucos galegos accederon por vez primeira a títulos que lles resultaban inaccesibles na súa terra de orixe”.
Valorou a traxectoria do profesor Basilio Losada, do que destacou os seus “saberes enciclopédicos e a súa xenerosidade sen límites”.
De Manuel María, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016, Santalices dixo que é “unha das voces poéticas máis relevantes da literatura galega contemporánea”,  e subliñou o amplo consenso que suscita.

Santalices defiende un Parlamento que legisle para “resolver problemas, no para crearlos” y dí que los diputados deben “escuchar a la gente”

“Escuchar a la gente” y “legislar para resolver los problemas; no para crearlos” constituyen  “la esencia del trabajo, el fundamento del parlamentarismo”, segundo explicó esta mañana el titular de la Cámara gallega, Miguel Ángel Santalices Vieira, en una conferencia pronunciada en Santiago en el Fórum Europa-Tribuna Galicia, en la que fue presentado por el titular de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
En una intervención en la que reafirmó su compromiso galleguista, Santalices Vieira defendió la política como una actividad “noble y de servicio a la sociedad”.
Insistió en la necesidad de continuar apostando por la apertura del Parlamento, “la casa común de la ciudadanía”, y del conjunto de las instituciones, a la sociedad, y en ese objetivo enmarcó la reforma del Reglamento de la Cámara aprobada el pasado verano.
De esta reforma, Santalices destacó que amplía los períodos de sesiones, que obliga a hacer públicas las declaraciones de actividades y bienes de los diputados y diputadas, la creación del portal de transparencia, la agilización de la tramitación de iniciativas, la garantía de celebración del Debate sobre el Estado de la Autonomía y el control a la Presidencia de la Xunta en cada Pleno, la fijación automática de una comisión de investigación y la comparecencia de los responsables de los entes instrumentales en la tramitación parlamentaria del proyecto de ley de presupuestos.
En la misma línea, el presidente del Parlamento se refirió a las principales novedades derivadas de la aprobación del paquete legislativo  de impulso democrático aprobado por la Cámara gallega, un conjunto de cinco leyes orientadas a prevenir la corrupción y superar el descrédito de las instituciones, medidas que fueron pioneras en el conjunto de los legislativos del Estado.
Recordó Santalices la reforma del Consejo de Cuentas de Galicia para reforzar sus competencias en materia de prevención de la corrupción y profesionalizar su composición; la reforma del Defensor del Pueblo, eliminando los tres vicevaledores y potenciando el papel de la institución con funciones orientadas a garantizar la transparencia y el acceso a la información; la ampliación de la participación ciudadana; la legislación sobre la financiación de las formaciones políticas; la nueva ley sobre transparencia y buen gobierno, una de las más avanzadillas y exigentes de España; así como la norma sobre sobre ordenación de la asistencia jurídica de la Administración General de la CCAA, que evita que las personas que habían actuado en contra del interés general podan ser defendidas con recursos públicos.
En el ámbito estrictamente parlamentario, la entrada en vigor de estas leyes implicó la puesta en marcha de un novidoso portal de transparencia, que sitúa al Legislativo gallego entre los más transparentes de España.
Se habilitó también un espacio web que permite a los ciudadanos participar en el control al Gobierno enviando propuestas de preguntas que podrán ser asumidas por un grupo parlamentario; ejercer el derecho de petición ante lo Parlamento; y participar en la tramitación parlamentaria de las leyes (Legisla con nosotros).
Además, la ley de participación ciudadana reduce el número de firmas necesarias para  impulsar una proposición de ley de iniciativa legislativa popular (se reducen de 15.000 a 10.000, convirtiendo a Galicia en una de las CCAA en las que más donado resulta  impulsar propuestas de este tipo); y establece la posibilidad de que que los ciudadanos (con 2.500 firmas) podan impulsar la acción de Gobierno a través de proposiciones no de ley, con el que el Parlamento de Galicia se convirtió en el único que permite esta posibilidad.
El titular de la Cámara gallega valoró también la intensidad del trabajo que se desarrolla en el Pazo del Hórreo, hasta el punto de que es “el Parlamento que más trabaja de España”.
Con todo, Santalices insistió en que el diputado no es un empleado del Parlamento. Insistió en que una de las principales funciones de un diputado es la de “escuchar”, por lo que animó a los integrantes de la Cámara a “incrementar nuestro contacto con la gente”.
Reivindicó también la función “insustituible” de las diputadas y diputados en una sociedad democrática, al tiempo que puso en valor el papel de los grupos parlamentarios y de sus portavoces.
El presidente del Parlamento defendió la Cámara como espacio de consenso y recordó que  alrededor del 50% de las proposiciones no de ley aprobadas en Comisión incluyeron modificaciones previas, fruto del acuerdo.
Aunque confesó haber sido un “diputado vehemente” el presidente del Parlamento indicó que la contundencia parlamentaria es compatible con el respeto. Defendió también los mecanismos previstos en los Reglamento para garantizar ese respeto y apuntó que “no dudaré en aplicarlos” cuando sea necesario.
Apuntó también que el Parlamento de Galicia es una Cámara eficiente, y puso como ejemplo que lo cueste medio por diputado gallego  (resultado de dividir el presupuesto anual de la Cámara entre el número de diputados) asciende a 222.000 euros, cifra que se duplica en el País Vasco, hasta conseguir los 442.000 euros, en una Cámara con el incluso número de escaños. La mayores, apuntó que el Parlamento de Galicia cuenta con el régimen de incompatibilidades más estricto de España para los diputados acogidos al régimen de dedicación exclusiva.
Cuanto a los proyectos en marcha, Santalices Vieira adelantó que el Parlamento de Galicia está desarrollando un portal jurídico que ofrecerá una extensa base de datos de legislación gallega consolidada y comentada, desde la preautonomía a la actualidad, y que se presentará próximamente.
El presidente de la Cámara remató su intervención recordando a Ramón Otero Pedrayo, “uno de los padres del galleguismo y siempre fuente de inspiración para nosotros”.
Santalices recordó un texto en el que Otero Pedraio animaba la que “delante de cualquier peligro, lejos de eludir compromisos, trabajemos enroitados por el ideal de la galleguidad”.

Unidade Móbil de doazón de sangue no Parlamento de Galicia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, animou este mediodía ao conxunto da sociedade a doar sangue nos diferentes dispositivos do Centro de Transfusión de Galicia da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos. Na Comunidade Autónoma precísanse cada día 500 doazóns para que os hospitais do SERGAS podan desenvolver a súa actividade asistencial con normalidade.

 Santalices Vieira visitou este mediodía, acompañado pola directora da  Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López García, a  unidade móvil que durante esta mañá recolle doazóns no recinto do Pazo do Hórreo.

Participantes no Servizo Voluntario Europeo visitan o Parlamento de Galicia coincidindo co Día de Europa

Un grupo de 10 participantes no Servizo Voluntario Europeo de 9 nacionalidades diferentes e que están a desenvolver a súa actividade en Galicia, foron recibidos este mediodía polo presidente da Cámara lexislativa Autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, coincidindo coa celebración do Día de Europa.

O Servizo Voluntario Europeo é unha acción incluída no programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción da Unión Europea, dentro da liña estratéxica de mobilidade dos mozos e mozas. Ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

 Esta iniciativa europea ofrece á xuventude, con idades comprendidas entre os 17 e os 30 anos, a oportunidade de contribuír ao traballo diario das organizacións que traballan no ámbito xuvenil , o desenvolvemento persoal e socioeducativo, a implicación civil, asistencia social, a inclusión dos desfavorecidos, o medio ambiente e os programas de educación non formal, entre outros.

 Poden participar nos proxectos de Servizo Voluntario Europeo entidades sen ánimo de lucro; os organismos públicos de ámbito local, rexional e nacional; e as empresas con responsabilidade social cooperativa.

Na actualidade, en Galicia teñen a acreditación para participar en proxectos de Servizo Voluntario Europeo 16 concellos e 47 entidades sen ánimo de lucro.

Os mozos e mozas participan nesta liña de acción normalmente de maneira individual. Sen embargo, o programa recolle a posibilidade da realización dun Servizo Voluntario Europeo de grupo no que estean implicados polo menos dez voluntarios; e tamén a participación de voluntarios en eventos a gran escala europea con mínimo de 30 voluntarios.

O período de duración do Servizo Voluntario Europeo pode ser entre 2 e 12 meses. Non obstante, o programa prevé unha duración entre 2 semanas e 12 meses no caso de mozos e mozas con menos oportunidades (dificultades xeográficas, educativas, sociais, familiares,..) e con necesidades especiais, é dicir, con algún grao de discapacidade.

Creado no 1996 pola Comisión Europea como programa piloto, o Servizo Voluntario Europeo permitiu a máis de 100.000 mozos e mozas realizar o seu proxecto de voluntariado, tanto en Europa como fora dela.

A organización e acollida dos voluntarios europeos que hoxe visitaron o Parlamento corre a cargo do Concello de Boqueixón, a Escola de Tempo Libre Don Bosco e COGAMI. Da intermediación para a organización desta actividades encárgase a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Antes de ser recibidos polo presidente do Parlamento, os participantes nesta iniciativa efectuaron unha visita guiada á sede do Lexislativo galego.

A delegación de voluntarios europeos estivo acompañada pola directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez; e a subdirectora xeral de Programas para a Xuventude, Yolanda Otero.

No ano 2015 foron aprobados en Galicia un total de 19 proxectos de Servizo Voluntario Europeo, que sumen un orzamento superior aos 350.000 euros e 66 mozos e mozas participantes.  Ese mesmo ano, no marco do programa Erasmus+: Xuventude en Acción foron incluídos 38 proxectos nos que participaron 1.263 mozos e mozas, cun orzamento total de 923.331 euros.

 Na primeira quenda do 2016, aprobáronse no marco de Erasmus +: Xuventude en Acción 16 proxectos cun orzamento que ascende aos         228.891 euros. Destes, 9 proxectos, cun    orzamento total de 101.505,15 €, corresponden ao Servizo Voluntario Europeo e están pendentes de execución na actualidade.