Archivo de la categoría: Termalismo

O PPOU pide no Parlamento de Galicia que a Xunta inste ao Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad para que se estudie a posibilidade de dar acceso aos balnearios para recibir terapias hidrotermais, con cargo ao sistema sanitario dos países da Unión Europea.

iniciativa TermalA explanada de As Burgas, centro neurálxico do Termalismo na cidade de Ourense, foi o escenario escollido polo Partido Popular de Ourense para presentar unha Proposición Non de Lei para o seu debate no Pleno do Parlamento de Galicia.
Na presentación estiveron presentes o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, así como os candidatos ás alcaldías dos concellos termais da provincia (Ourense, Cortegada, Baños de Molgas, Ribadavia, Leiro Bande, Puxín, Carballiño e Arnoia, non podendo asistir por cuestións de axenda os de Lobios, Cenlle e Boborás), e o deputado autonómico Miguel Santalices.

Manuel Baltar destacou que se hai unha formación política que ten apostado firmemente polo Termalismo esa é o Partido Popular. Sobre a iniciativa presentada hoxe, recalcou a súa importancia no que á hidrterapia se refire. «Hoxe visualizamos esta aposta contundente, tanto na cidade como na provincia de Ourense. Avanzamos na dimensión das terapias vencelladas ao Termalismo».

Pola súa banda, Miguel Santalices explicou os pormenores da Proposición Non de Lei presentada hoxe. «Por primeira vez, se está tomando en serio o tema do Termalismo gracias ao PP. Pero agora cómpre consolidalo no aspecto da «cura termal», o seu aspecto terapéutico. Dende hai tempo solicitamos que a hidroterapia se inclúa dentro da carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde, algo polo que estamos agardando que se lle dé solución. Agora, con esta PNL, completamos un pouco máis este aspecto, plantexando que, mentres se consolida este aspecto, se poñan en marcha mecanismos de colaboración cos países da Unión Europea que xa contan con este servizo nos seus sistemas sanitarios para poder amplialo e que se lles poda facturar a estes países este tipo de tratamentos médicos ás persoas que veñan a Ourense. Ourense se ten que plantexar esto moi en serio, porque ademáis de ser a capital termal por excelencia de Galicia, se convirta tamén na capital do Termalismo terapéutico».
Lembrou Miguel Santalices que en España só existen tres cátedras de hidroloxía médica (en Madrid, Sevilla e Santiago de Compostela), centradas en patoloxías respiratorias, dermatolóxicas e dixestivas. «Non podemos deixar de lado este importante caudal terapéutico que temos en Ourense», concluiu o parlamentario popular.

Nesta PNL presentada hoxe e que se debatirá no Pleno do Parlamento de Galicia, os populares solicitan que:

«O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que inste ao Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, para que, a través dos mecanismos que procedan, se estude a posibilidade de dar acceso aos balnearios e outros centros españois de hidroterapia aos cidadáns da Unión Europea que teñan incluidas as terapias hidrotermais na súa carteira de servizos, con cargo ao sistema sanitario do país de orixe».

Xustifican os populares na súa exposición de motivos que as augas minero-medicinais están declaradas de utilidade pública polos seus importantísimos beneficios para a saúde, especialmente no campo da dor, enfermidades do aparello respiratorio e enfermidades dermatolóxicas.

A terapia termal está indicada para numerosas doenzas con efectos beneficiosos, pero ademais está demostrado, que as terapias con augas minero-medicinais reducen a cantidade de fármacos e melloran sensiblemente a calidade de vida.
A Universidade de Santiago ten unha cátedra de hidroloxía médica, a segunda en España, que xa en varias ocasión pronunciouse sobre os efectos beneficiosos dos tratamentos con augas minero-medicinais.