Archivos Mensuales: abril 2016

Reunión co presidente da Asociación Medio-Ambiental Xuresianos-Geresianos

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Reunión con José Manuel González Paz, presidente da Asociación Medio-Ambiental Xuresianos-Geresianos, que teñen como función velar pola conservación do Medio Ambiente neste Parque Natural, ademais do control, seguemento e vixiancia de especies que habitan no territorio do Xurés-Gerés.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Anuncios

Xornada XXV anos da transferencia do Sergas

Mesa redonda para analizar a evolución tecnolóxica nestes 25 anos, e a política de transpalantes, “Galicia a día de hoxe lidera o transplante cardíaco”.
Participaron na Mesa: Dr. Peña, Dr. Portel, Dr. Matesanz e Dr. Guitián, con interesantísimas aportacións de todos eles.
Quedou clara a nosa evolución tecnolóxica e a xenerosidade da nosa xente.

ANASBABI CILIOPATÍAS

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, entrevistouse hoxe no seu despacho da Cámara, co presidente da Asociación Nacional da Síndrome de Bardet-Biedl e Ciliopatías (ANASBABI CILIOPATÍAS), José Carlos Pumar Martínez, que lle trasladou información sobre o traballo que desenvolven desde esta entidade e explicou a situación e os problemas aos que se enfrontan as persoas afectadas polas enfermidades raras.

Segundo Pumar Martínez, os rexistros apuntan a existencia de 80.000 persoas afectadas por algunha enfermidade rara en Galicia.

 Defínense como ciliopatías diferentes enfermidades monoxénicas dexenerativas como a enfermidade poliquística renal, a nefronoptisis, retinose pigmentaria, a síndrome Bardet-Biedl, a síndrome Joubert ou o Meckel, entre outras. Poden catalogarse como ciliopatías, un concepto recente, as enfermidades que causan unha disfunción ou mal funcionamento dun organelo celular, parecido ao cabelo, chamado cilio. Os cilios participan na transducción dunha variedade de sinais extracelulares que inflúen na polaridade, crecemento neuronal, diferenciación ou mantemento dos tecidos. Unha ampla gama de sinais pode recibirse polos receptores ciliares que inclúen a fotosensación, mecanosensación, osmosensación, termosensación, sensación hormonal e olfatoria.

Declaración institucional do Parlamento de Galicia sobre a prosecución das relacións diplomáticas entre os Estados Unidos de América e a República de Cuba

Foto Pleno 13 abril Declaración Institucional

O Parlamento de Galicia celebra a prosecución das relacións diplomáticas entre os Estados Unidos de América e a República de Cuba.
A última resolución deste ano, a 69/5, da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”, concluíu con 191 países a favor da resolución e dous en contra: Estados Unidos e Israel, sen ningunha abstención.
Esta é unha expresión contundente de que todos os gobernos e pobos do mundo lle solicitan que se levante o embargo a este país, e Galicia quere mostrar tamén así o seu compromiso e proximidade polos vínculos fraternais que nos unen co pobo de Cuba.
Os últimos acontecementos políticos, coa visita do presidente de EEUU de América a Cuba, deixan espazo para a esperanza no camiño de conseguir un mundo libre de guerras, no que a paz, a fraternidade, a solidariedade e a liberdade rexan a relación entre os pobos.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Apoio aos programas de integración que promove a Fundación Secretariado Xitano no día internacional dedicado a este pobo.

Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo este mediodía unha xuntanza coa directora territorial da Fundación Secretariado Xitano de Galicia, Eva Vera Ledo, e con outros responsables desta entidade.

No encontro, os representantes da Fundación Secretariado Xitano explicaron ao presidente do Parlamento as diferentes programas de traballo que desenvolven , así como a súa proposta para divulgar a historia do pobo xitano.

O presidente do Parlamento trasladou o seu apoio aos programas de integración do pobo xitano, tanto os impulsados por esta Fundación, como os de outro tipo.

O encontro tivo lugar coincidindo co celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, que conmemora a celebración do primeiro congreso mundial romaní/xitano, celebrado en Londres o 8 de abril de 1971.

Acto institucional conmemorativo do 35 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía

O Parlamento de Galicia acolleu o acto institucional conmemorativo do 35 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía, que dotou a Galicia de autogoberno
• Entregáronse, por vez primeira, as medallas da Cámara, que nesta ocasión recoñecen o papel dos ex presidentes do Parlamento, “protagonistas destacados da nosa Historia”
Reivindicamos a plena vixencia deste noso Parlamento, porque máis Parlamento galego equivale a máis autogoberno, a mellor democracia, a maior transparencia, piares da Galicia de hoxe e de mañá”. Así se expresou  o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, no acto institucional organizado para conmemorar o 35 aniversario da promulgación do vixente Estatuto de Autonomía de Galicia, no que tamén interviu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Este Parlamento ten acadado consensos extraordinarios –seino ben- e debe perseverar nelo, porque é o principal papel do poder lexislativo: xuntar vontades e buscar o mellor para a xente a través do debate, aprobando logo leis máis xustas, eficaces, e avanzadas.
A xuízo do titular do lexislativo galego, na sociedade actual, “que escora cara o individualismo e ás veces desesperanzada, ningunha institución ten unha responsabilidade máis determinante que o Parlamento para dar forma, con plena seguridade xurídica, ó mandato dos cidadáns, manifestado nas urnas a través do sufraxio universal, libre, igualitario, directo e secreto”.
 Fixo tamén un chamamento a que no Parlamento do futuro, “o que nos une siga sendo o norte da Institución, con debates a fondo, clarificando, construíndo con respecto, exercendo as normas da cortesía parlamentaria”.
 O presidente do Parlamento recordou os “atrancos e dificultades” que tivo que atravesar o vixente Estatuto de Autonomía antes da súa promulgación, e puxo en valor todo o camiño percorrido anteriormente. Lembrou que “desaparecida a ditadura, o Estatuto do 36 permitiulle a Galicia acceder á súa autonomía como nacionalidade histórica”.
 Apuntou Santalices  que Galicia reúne as condicións de pobo diferenciado, “forxadas século tras século: territorio, cultura, idioma, historia, tradicións, … Unha nacionalidade histórica, si; pero perfectamente integrada e solidaria sen complexos, en España, en Europa, con vencellos moi fondos en Iberoamérica, e que está moi presente no mundo globalizado”.
 “O feito diferencial sobre o que se asenta o noso autogoberno, consolidado neste período, reside nos galegos e nas galegas”, afirmou o presidente do Parlamento, que valorou tamén os “bos resultados” acadados ata o de agora.
 “Por suposto que cómpre seguirmos avanzado, per contando co criterio soberano do pobo galego; un pobo reflexivo, sabio e nobre, pouco dado a reaccións extremas, como as dos que propoñen rupturas que non lle interesan á nosa xente”.
Con todo, Santalices Vieira considerou que eses valores “non implican, de ningún modo, inmobilismo. Significan ter claros os obxectivos e o mellor xeito de os acadar”.
Facendo balanzo destas tres décadas e media de Estatuto, o presidente da Cámara lexislativa considerou que Galicia foi quen de dotarse das súas propias institucións e de xestionar os principais servizos públicos. “O mesmo que a nosa identidade se reafirma día a día, a nosa autoestima afiánzase e medra a partir dos valores como a credibilidade, a  solvencia, o crecemento, a riqueza e a estabilidade”, afirmou Santalices, convencido de que “temos tirado bo proveito das potencialidades do Estatuto e das institucións propias”.
Volvendo a vista atrás, Santalices Vieira agregou que coa chegada da democracia, “sen necesidade de importar modelos nin facer experimentos, persoas como Antonio Rosón, primeiro presidente da Xunta preautonómica e primeiro presidente do Parlamento, centraron todo o seu empeño na inxente tarefa de dotar ao país das institucións de autogoberno”.
“A Don Antonio Rosón rendémoslle tributo neste día tan sinalado como un dos artífices da Autonomía, labor extraordinario no que tivo dignísimos sucesores: Tomás Pérez Vidal,  Victorino Núñez Rodríguez, José María García Leira, Dolores Villarino Santiago e Pilar Rojo Noguera”, que hoxe recibiron a primeira medalla do Parlamento de Galicia.
Todos e todas foron, en palabras de Santalices, “protagonistas destacados da nosa Historia, porque desde a Presidencia desta Cámara, souberon enfrontarse ós retos de cada momento, ofrecendo o mellor de si, facendo país”.
O acto rematou coa interpretación do himno galego a cargo da Coral de Ruada.

20160406_Medallas_do_Parlamento_de_Galicia_0920160406_Medallas_do_Parlamento_de_Galicia_34

Visita institucional dos integrantes da Mesa do Parlamento ao Consello de Contas

Os integrantes da Mesa do Parlamento efectuamos esta mañá unha visita institucional ao Consello de Contas de Galicia, onde mantivemos unha reunión co conselleiro maior, José Antonio Redondo, e os demais conselleiros  do órgano de control e fiscalización externa das contas do sector público autonómico.

A visita enmárcase na ronda de contactos que a Mesa do Parlamento iniciou en febreiro pasado cunha visita á sede do Valedor do Pobo para coñecer de preto o traballo que desenvolven este tipo de institucións e repasar a relación entre estas e a Cámara lexislativa.

O Consello de Contas, que acaba de ser renovado na súa totalidade, cumpre 25 anos de existencia en 2016.

Coa aprobación polo Parlamento da Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, e do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, para a prevención da corrupción, as competencias do Consello de Contas foron reforzadas, aspecto que foi abordado na reunión entre os membros da Mesa da Cámara e os conselleiros dese órgano de fiscalización.