Archivos Mensuales: octubre 2018

Visita o Centro Galego de Barcelona

Centro Galego Barcelona, 03-10-2018O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, efectuou esta tarde unha visita ao Centro Galego de Barcelona, durante a que mantivo un encontro co novo equipo directivo da entidade e se interesou polo traballo que desenvolven e os proxectos de futuro.

A visita responde a unha invitación formulada polo actual presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandianes, logo de acceder a ese cargo.

Santalices reiterou a “débeda de gratitude”  que Galicia mantén co Centro Galego de Barcelona que, desde a súa fundación en  1892 “actuou e actúa como faro e guía para a nosa cultura, tamen como lar agarimoso para tantos paisanos que sofriron o desarraigo en carne propia nos primeiros tempos da emigración”.

Durante o encontro, o presidente do Centro Galego de Barcelona entregou a Santalices un exemplar do libro Portela Valladares: Ante el Estatuto, editado polo Centro Galego de Barcelona coa colaboración do Parlamento. O libro, do que é autor Manoel Carrete, reproduce unha conferencia pronunciada por Portela Valladares no Centro Galego de Barcelona  en 1932 e inclúe un estudo introdutorio sobre a figura do conferenciante.

Anuncios

Acto institucional do Día da Policía

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, agradeceu, no acto institucional celebrado este mediodía no Auditorio de Galicia, en Santiago, co gallo da celebración do Día da Policía, o traballo dos corpos de seguridade “fronte aos irresponsables que sistematicamente se empeñan en vulnerar a lei”.20181002_santalices_09

Ao fío da celebración do 40 aniversario da vixente Constitución española, Santalices reivindicou a vixencia e o resultado da Carta Magna, á que atribuíu  a “harmonía” social e o “crecemento económico” rexistrado nas últimas décadas, ademais de destacar o sistema de “liberdades e dereitos” consagrados no texto.

Santalices felicitou aos axentes condecorados no acto, ao tempo que apuntou que nunha sociedade individualista como a actual, o labor da Policía destaca como exemplo de solidariedade e servizo aos demais, entre os que se referiu ao labor no ámbito da violencia machista e a protección das perdoas máis vulnerables, entre outros cometidos.

Os actos de celebración do Día da Policía comezaron cunha cerimonia relixiosa na Catedral de Santiago.