O Parlamento de Galicia incorpora aos seus fondos documentais a acta de constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia

DSC_0042O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado polos integrantes da Mesa da Cámara, recibiu esta mañá do ex deputado Perfecto Yebra Martul a acta de constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, celebrada no Pazo de Raxoi o 25 de xullo de 1977.

O documento –o orixinal manuscrito da acta- obraba en poder de Perfecto Yebra na súa condición de secretario da Asemblea de Parlamentarios de Galicia e, a partir de agora, sumarase aos fondos documentais do Parlamento de Galicia.

O presidente da Cámara, Miguel Santalices, agradeceu a xenerosidade persoal de Perfecto Yebra, por ter elixido ao Parlamento como depositario definitivo diste documento.