Embaixadores de países da área Asia-Pacifico visitan o Parlamento de Galicia

Santalices Vieira, recibe, no seu despacho da Cámara, a unha delegación de embaixadores de países da área Asia-PacíficoEmbaixadores e outros diplomáticos acreditados en España de países da área Asia-Pacífico visitaron este mediodía o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado por integrantes da Mesa.

A visita enmárcase nun programa de actividades que esta delegación diplomática desenvolve hoxe en Galicia no marco dunha estratexia encamiñada á promoción exterior dos recursos da  Comunidade Autónoma.

O presidente do Parlamento de Galicia explicoulles a historia, composición e funcionamento do Lexislativo galego.  Santalices tamén lles amosu a sede do Parlamento de Galicia  e respondeu ás cuestións suscitadas polos diplomáticos.

A delegación que hoxe visitou o Parlamento está integrada polos/as embaixadores/as de Kasajstán, Indonesia   Tailandia, India, Vietnam, Filipinas e Nova Zelanda; a agredada comercial de Indonesia; o encargado de negocios ad interim da embaixada de Australia, o ministro conselleiro encargado de negocios da embaixada de  Afganistán e o ministro conselleiro da embaixada de Irán.