Archivo de la categoría: Sin categoría

A valedora do Pobo entrega o Informe Ordinario de 2016

A valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe Ordinario elaborado por esta institución e correspondente ao exercicio de 2016.DSC_0013

Comeza, deste xeito, a tramitación parlamentaria do Informe, que previsiblemente será cualificado mañá martes pola Mesa da Cámara, continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións e rematará cunha comparacencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.

O Parlamento de Galicia acolleu a sesión solemne de apertura da X Lexislatura

O Parlamento de Galicia celebrou este mediodía a sesión solemne de apertura da X Lexislatura, un Pleno no que o presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, marcou como obxectivos que “o respecto institucional e persoal, a capacidade de interlocución e a permanente disposición para entenderse co adversario” estean por riba de calquera outra consideración.

 Na declaración de apertura da X Lexislatura, Santalices Vieira valorou o “clima de sana confrontación dialéctica” rexistrado no Hemiciclo durante o recente debate de investidura, “unha normalidade institucional que reclamo solemnemente para toda a Lexislatura” que comeza. Apuntou, nesta liña, que “unha inmensa maioría de galegas e galegos piden con insistencia que o sosego, a cordura e a vocación de entendemento ocupen un crecente protagonismo na política autonómica”.

Santalices Vieira comezou a  súa intervención agradecendo a súa reelección como presidente da Cámara, “a maior honra á que puiden aspirar xamais”, e sinalou que a exercerá con “altura de miras e imparcialidade”.

 Nun momento no que a política e os políticos atravesan unha crise de credibilidade, desde o Parlamento “estamos obrigados a ofrecer o mellor de nós para superala e recuperar a confianza social”.

Recordou que con ese obxectivo, o Lexislativo galego deu xa pasos “importantes”, entre os que citou os esforzos de racionalización dos, que converteron este Parlamento nun dos máis eficientes do Estado e no máis eficiente das comunidades históricas. Apuntou tamén o feito de que o Parlamento de Galicia rematase a pasada Lexislatura como o “máis laborioso” de todos os autonómicos, “un feito que ha de servirnos de acicate para o mandato que comeza”.

Convidou Santalices ás deputadas e deputados a actuar de anfitrións e guías para as persoas que visiten a Cámara, ao tempo que os animou a “reforzar a presenza social do Parlamento”. Porque, “canto maior  sexa a presenza do Parlamento na Galicia real, mellor e de maior calidade será o labor que poidamos desenvolver de portas para dentro, nos nosos debates e iniciativas”.

Con todo, a xuízo do presidente do Parlamento, a clave do éxito do traballo de calquera deputada ou deputado  reside nunha “atinada combinación de presenza extramuros coa súa capacidade para trasladar ás institucións –sexa en forma de debate ou iniciativa- o resultado desa interlocución”.

O avance en materia de transparencia pon de manifesto, en opinión de Santalices, unha vontade real de responder ás esixencias da sociedade e “tampouco aquí pode haber marcha atrás porque a transparencia institucional é un camiño sen retorno”.

Ao tempo, as novas oportunidades de participación cidadá na actividade parlamentaria fixeron do galego un Parlamento “pioneiro” que puxo a disposición da sociedade ferramentas que “complementan e enriquecen unha tarefa tradicionalmente reservada ás deputadas e deputados”. Agregou que “nada impide afondar nesa dirección, e memo noutras aínda por explorar, porque a vontade existe”

Avanzou que, en colaboración con outras institucións da Comunidade, o Parlamento porá a disposición de todos os cidadáns, e na lingua propia, as normas galegas consolidadas. “Seremos, unha vez máis, pioneiros, cunha ferramenta novidosas respecto a outras comunidades bilingües”.

Logo de referirse ao momento determinante que atravesan tanto a política europea como a estatal, Santalices Vieira sinalou que, no ámbito autonómico, a Cámara galega está obrigada a aplicar e analizar as medidas de impulso democrático aprobadas na pasada lexislatura, sen perder de vista o afianzamento da recuperación económica iniciada e o impulso da cohesión territorial.

“Un traballo arduo, o que nos agarda –afirmou o presidente do Parlamento-, mais quen lles fala espera que poida desenvolverse desde unha óptica participativa e de proximidade, que aposte pola conciliación e non polo enfrontamento no que ás veces temos caído innecesariamente”.

Animou o presidente da Cámara aos integrantes do Hemiciclo a lexislar “con rigor e con imaxinación”, ao tempo que “agardo que a exemplaridade caracterice o comportamento das 75 persoas que temos a alta honra de representar o conxunto do pobo galego desde estes escaños”.

Para Santalices, “o Parlamento foi, é e será o centro da vida democrática; e a democracia só é viable na medida en que practiquemos a democracia parlamentaria. Falo dunha tarefa común que pode e debe discorrer sempre polas canles estatutarias e constitucionais”.

Recordou o titular do Lexislativo galego que a institución cumprirá 35 anos de vida no vindeiro mes de decembro e que, neste tempo, o autogoberno de Galicia “logrou asentarse, demostrando a súa razón de ser ata o punto de terse convertido nun piar insubstituíble para as galegas e galegos, que acreditan a súa eficacia real no día a día”.

 Recordando a Ramón Piñeiro, que defendía a idea de impregnar de galeguismo difuso todo o arco parlamentario,  Santalices animou aos actuais integrantes da Cámara a “non desmaiar na nobre tarefa de inzar de galeguismo todo canto fagamos como membros desta Cámara, e mesmo fóra dela”.

dsc_0062

Acto de Toma de Posesión do Presidente da Xunta de Galicia

20161112-226Hoxe tivo lugar no Parlamento Galego o acto de Toma de Posesión como presidente da Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo, de conformidade co disposto no Real Decreto 423/2016 do 11 de novembro e nos artigo 152.1 da Constitución Española e 15.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Tivemos a honra de contar coa presenza, entre outras autoridades, do presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy Brey.

dsc_0077

 

O presidente do Parlamento participa na presentación da novela “El Códice de Clara Rosenberg”

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou na Casa de Galicia en Madrid, na  presentación da novela “El Códice de Clara Rosenberg”, do que é autora a xornalista e escritora Magdalena del Amo.

Santalices Vieira valorou a experiencia xornalística da autora, e tamén a súa “inesgotable curiosidade intelectual, que se traduce nunha creatividade desbordante, como os lectores terán ocasión de comprobar nesta novela”.

Ambientada na principal das rutas de peregrinación a Santiago de Compostela –o Camiño Francés-, a novela “combina erudición, misterio, sentimentos,  e unha descrición meticulosa de gran parte do Camiño”, afirmou Santalices na presentación. Por iso, ao seu xuízo, “estamos ante unha novela, pero tamén ante unha guía novelada do Camiño de Santiago, froito da habilidade narrativa e da erudición da súa autora”.

Presentación do libro “Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores”,

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asitiu esta tarde en Ponta Delgada (Illa de San Miguel, Azores) á presentación do libro “Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores”, editado polo Consello da Cultura Galega e a Fundación Luso-Americana para o Desenvolvemento.

 Esta pubicación do Consello da Cultura Galega da a coñecer os  vínculos entre Galicia e os Azores en aspectoscomúns, como as experiencias migratorias aos Estados Unidos: desde a integración dos emPresentación libro Emigración e Exilio1, 21-07-2016igrantes nas sociedades de acollida, as súas relacións co mundo do exilio, ata a aparición e consolidación de novos medios de comunicación na diáspora, sen esquecer o papel das comunidades emigrantes na diplomacia cultural. Tamén asistiron á presentación do libro dous coordinadores da publicación, Alberto Pena e Mário Mesquita, así como Michael Baum, administrador da FLAD.

Esta actividade enmárcase nos actos conmemorativos do 40 aniversario da Asemblea Lexislativa dos

Azores, que convidou ao Parlamento de Galicia a sumarse á celebración coa exposicion “54 páxinas das noas letras”, inaugurada onte en Horta, onde tamén se presentaron dúas publicacions editadas pola Cámara galega, a Xunta e a Real Academia Galega: un facsímil da edición políglota de “Zara”, que inclúe unha traducción galega efectuada por Curros Enríquez;  e o  volume “Antero de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas”, obra do profesor Xesús Alonso Montero e da profesora Beatriz García Turnes

Santalices Vieira fixo votos para que esta experiencia auspiciada polo Parlamento de Galicia e pola Asemblea Lexislativa dos Azores, no marco do 40 aniversario da súa autonomía, unida ás xa impulsadas polo Consello da Cultura Galega, contribúa a “superar o esquecemento e a distancia”.

Ao seu xuízo, “os recursos que poden servir de base para facer agromar esas relacións nos máis diversos eidos –o cultural, o económico, o académico ou o institucional- existen en abundancia; de nós –do conxunto da sociedade- dependerá, por tanto, o éxito ou o fracaso desta aposta”.

O Parlamento divulgará o espazo de participación cidadá na súa web entre os mozos galegos

DSC_0012

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices,  reuniuse esta mañá co equipo directivo da Asociación de ex parlamentarios/as da Cámara galega, para solicitarlles que colaboren na difusión da plataforma de participación cidadá do Parlamento entre a mocidade galega a través do ciclo de charlas divulgativas dirixidas ao estudantado de secundaria e bacharelato.

A web do Parlamento de Galicia ofrece desde hoxe un espazo de participación cidadá (http://www.parlamento.gal/sitios/web/ContenidoGal/ParticipacionCidada/default.aspx)  encamiñado a facer efectivas as novas posibilidades contempladas na Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá, aprobada recentemente.

Santalices convidou aos exdeputados a que expliquen estas  modalidades de participación, e a posibilidade de facelo a través da web, aos mozos e mozas que asistan ao ciclo de charlas divulgativas sobre o Parlamento e que son impartidas por ex deputados/as a alumnado de ESO e bacharelato de toda Galicia.

Considera Santalices Vieira que o mellor xeito de impulsar esta plataforma de participación é dándoa a coñecer entre a xuventuxe. Por esta razón, o Parlamento quere aproveitar o potencial de difusión das charlas coloquio dirixidas ao alumnado de secundaria e bacharelato, que cada novo curso rexistran unha maior demanda por parte dos centros interesados en acoller este tipo de actividades divulgativas.

Na reunión co presidente do Parlamento participaron o presidente  da Asociación de Ex Parlamentarios/as, Jesús María Fernández Rosende; e os vogais Ismael Rego González e Xesús Veiga Buxán.

Á posibilidade de enviar propostas, comentarios e suxestións aos textos lexislativos que se atopan en tramitación na Cámara galega (Lexisla con Nós), súmase agora  a modalidade de participación popular no control ao Goberno.

Preguntas ao Goberno

A través dun formulario dispoñible neste espazo web, calquera persoa poderá dirixir preguntas ao Parlamento de Galicia co rogo de que sexan formuladas á Xunta de Galicia. As preguntas admitidas anunciaranse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Nun prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da súa publicación, os deputados e deputadas poderán asumilas como propias para convertelas en preguntas con resposta escrita ou oral, mencionando a súa orixe, aínda que preservando a identidade da persoa asinante.

Exercer o dereito de petición ante do Parlamento de Galicia é outras das posibilidades que ofrece o novo espazo habilitado na web da institución. Deste xeito, calquera persoa pode exercer o dereito de petición, de xeito individual ou colectivo.

Outras fórmulas de participación

Ademais a web da Cámara ofrece información exhaustiva sobre as restantes fórmulas contempladas na Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia.

Coa entrada en vigor desta lei, Galicia converteuse nunha das comunidades nas que máis doado resulta exercer a iniciativa lexislativa popular. Para presentar ante o Parlamento de Galicia unha proposición de lei de iniciativa popular abonda con esta vaia acompañada de polos menos 10.000 sinaturas (anteriormente requeríanse 15.000).

A Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia tamén contempla o impulso da acción de Goberno a través de proposicións non de lei. Neste caso, calquera persoa coa súa sinatura e a doutras nove, ou calquera persoa xurídica que represente intereses sociais e actúe lexitimamente a través dos seus órganos, poderá promover a presentación de proposicións non de lei ao Parlamento de Galicia.

 O número requirido de sinaturas de persoas lexitimadas para subscribir unha proposición non de lei de iniciativa popular é de 2.500. De seren admitidas, estas proposicións non de lei poderán ser asumidas por calquera grupo parlamentario para convertelas en proposición non de lei en pleno ou en comisión. Ao formulalas, deberá mencionarse sempre a súa orixe, aínda que preservando a identidade das persoas asinantes. As proposicións non de lei admitidas pola Mesa e non asumidas por ningún grupo parlamentario decaerán transcorridos quince días tras o seu anuncio no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

DSC_0024