Visita o Centro Galego de Barcelona

Centro Galego Barcelona, 03-10-2018O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, efectuou esta tarde unha visita ao Centro Galego de Barcelona, durante a que mantivo un encontro co novo equipo directivo da entidade e se interesou polo traballo que desenvolven e os proxectos de futuro.

A visita responde a unha invitación formulada polo actual presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandianes, logo de acceder a ese cargo.

Santalices reiterou a “débeda de gratitude”  que Galicia mantén co Centro Galego de Barcelona que, desde a súa fundación en  1892 “actuou e actúa como faro e guía para a nosa cultura, tamen como lar agarimoso para tantos paisanos que sofriron o desarraigo en carne propia nos primeiros tempos da emigración”.

Durante o encontro, o presidente do Centro Galego de Barcelona entregou a Santalices un exemplar do libro Portela Valladares: Ante el Estatuto, editado polo Centro Galego de Barcelona coa colaboración do Parlamento. O libro, do que é autor Manoel Carrete, reproduce unha conferencia pronunciada por Portela Valladares no Centro Galego de Barcelona  en 1932 e inclúe un estudo introdutorio sobre a figura do conferenciante.

Anuncios