O Consello de Contas entrega no Parlamento a memoria anual do ano 2017 e os informes de fiscalización referidos ao ano 2016

DSC_0026O conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a memoria e as contas correspondentes ao ano 2017 e os seguintes informes de fiscalización,  que se atopan na páxina web do Consello de Contas:

  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2016, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación
  • O Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2016
  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2016
  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2016
  • O Informe de fiscalización de Fondos europeos, exercicio 2016
  • O Informe de seguimento de recomendacións ás fundacións sanitarias públicas (Medicina Xenómica, Ingo e Fegas)
  • O Informe de fiscalización do procedemento de xestión do inventario de bens do Sergas, exercicios 2015-2016
  • O Informe de fiscalización do gasto en atención residencial a persoas maiores e dependentes
  • O Informe de fiscalización da tesouraría da Administración Xeral, exercicios 2014-2016
  • O Informe de fiscalización selectiva sobre a farmacia hospitalaria, exercicios 2014-2016

Esta remisión engádese á realizada o 9 de febrerio deste ano, na que se presentaran os seguintes informes:

  • O informe de fiscalización dos Fondos de Compensación Interterritorial
  • Os informes de fiscalización dos Concellos de O Barco de Valdeorras, de Oleiros, de Santiago de Compostela e de Marín.
  • O informe de fiscalización sobre a estabilidade orzamentaria das Corporacións Locais de Galicia.
  • Os informes de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa dos Concellos de Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, e das catro Deputacións Provinciais.
  • O informe global de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa.

No que vai de ano, o Consello de Contas de Galicia remitiu ao  Parlamento un total de 28 informes.

O informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma correspondente ao exercicio 2016 contén por primeira vez a opinión sobre a representatividade xeral dos estados contables da Administración xeral, o Sergas e as demais entidades instrumentais autonómicas.

Segundo a dita opinión, o Pleno do Consello de Contas declara que a Conta Xeral reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2016, presentando determinadas deficiencias e limitacións que se sinalan nos respectivos informes de fiscalización.

 Do total de entidades locais de Galicia, o 95% remitiron as súas contas ao Consello, considerándose rendidas sen defectos o 93%. Das contas rendidas, as correspondentes a 76 entidades foron remitidas fóra de prazo.

Cabe destacar que o gasto por habitante nos concellos de Galicia se situou no 2016 en case 795 euros, un 5% menos que o ano pasado, por baixo da media nacional que se sitúa en 951 euros.

Anuncios