Visita ao Parlamento de Galicia da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL)

DSC_0002Unha delegación da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL) visitou este mediodía o Parlamento de Galicia, onde mantiveron un encontro co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieita, ademais de efectuar unha visita á sede do Lexislativo galego.

A delegación está encabezada pola presidenta da NCSL e membro do Senado de Dakota do Sur, Deb Peters. Tamén acudiu a presidenta  electa da NCSL e membro do Senado de Illinois, Toi Hutchinson. Participaron, ademais, representantes dos lexislativos de Wisconsin, Carolina do Norte, Kentucky, Texas e Novo México, ademais de integrantes da estrutura da NCSL.

Durante a reunión, o presidente do Parlamento de Galicia explicou a historia, funcionamento e competencias da Cámara galega, ademais de interesarse polo funcionamento das cámaras lexislativas estatais dos Estados Unidos e da propia NCSL.

Anuncios