Sinatura do protocolo de colaboración entre o Parlamento de Galicia e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Gegasal)

DSC_0011O titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Gegasal), José Antonio Vázquez Freire, asinaron hoxe un protocolo de colaboración encamiñado a avanzar na integración das persoas con discapacidade e das persoas en situación de risco de exclusión social.

Con ese obxectivo, e dentro das súas posibilidades, a  administración do  Parlamento de Galicia comprométese a impulsar unha reserva de contratos públicos para centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que ofrecen unha oportunidade laboral a persoas con discapacidade.

As partes asinantes tamén impulsarán o coñecemento sobre os servizos e actividades que realizan os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro asociados a Cegasal e divulgarán o papel que desenvolven na xeración de emprego para persoas con discapacidade.

A sinatura deste documento enmárcase na aposta do presidente do Parlamento a prol da integración das persoas con discapacidade. A Cámara galega convocou en datas recentes unha praza de uxier reservada para persoas con discapacidade intelectual. Ademais, unha das oito bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia, no exercicio de 2018, está reservada para persoas con discapacidade intelectual.

Anuncios