Parlamento de Galicia e ASPACE comprométense a colaborar na integración de persoas con discapacidade

20180416_santalices_03O Parlamento de Galicia e maila Federación de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (ASPACE Galicia) colaborarán na  realización de actividades de asesoramento e apoio á integración laboral de persoas con discapacidade.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e mailo presidente da Federación ASPACE Galicia, Eulogio López Río, asinaron esta mañá un convenio de colaboración no que se establece o compromiso de colaboración.

O documento enmárcase na aposta do Parlamento de Galicia  pola integración das persoas con discapacidade.

A Federación ASPACE Galicia está especializada na atención a persoas con parálise cerebral e agrupa ás principais entidades da Comunidade Autónoma que traballan neste ámbito. As entidades que a integran contan con preto de 700 persoas asociadas, principalmente persoas con parálise cerebral, familiares e amigos; con máis de 250 profesionais e cerca de 25 voluntarios que traballan en 11 centros de atención directa.

Anuncios