O titular do Parlamento de Galicia participou en Valladolid nunha reunión da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA)

20180414_094342O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, plantexou hoxe, nunha reunión da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA) a necesidade de articular unha estratexia conxunta encamiñada a reforzar a participación destas Cámaras en Europa co obxectivo de “fortalecer a presenza, as mensaxes e os intereses” conxuntos nas institucións comunitarias.

Pasa Santalices, “o modelo alemán é un bo exemplo”, na medida en que os parlamentos dos diferentes estados rexionais actúan “sempre coordinados na defensa dos seus intereses”, porque “en Europa, ir por libre non serve para nada”.

Santalices plantexou esta demanda aos seus homólogos dos diferentes parlamentos autonómicos españois que esta mañá se reuniron na sede das Cortes de Castela e León, en Valladolid.

A xuízo do presidente do Parlamento de Galicia, as Cámaras autonómicas poderían trasladar a Europa propostas e posicionamentos en áreas de interese común, como a crise demográfica ou os futuros obxectivos de financiamento a partir do ano 2020.

Como propostas específicas do Parlamento de Galicia, Santalices Vieira avanzou que lle gustaría trasladar ao ámbito comunitario ideas como a implantación da tarxeta sanitaria europea para compartir a información clínica dos pacientes, entre outros.

Esta intervención do presidente do Parlamento produciuse nun dos puntos da Orde do día da COPREPA 2018, dedicado a analizar o papel dos parlamentos autonómicos no contexto do Libro Branco sobre o futuro de Europa. Foto-de-grupo

Anuncios