O embaixador de Cuba visita o Parlamento de Galicia

DSC_0017

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ao embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, ao que convidou a asinar no libro de ouro da Cámara.

Durante a reunión, Santalices Vieira interesouse polas relacións bilateriais hispano-cubanas, recordou a impronta da colonia galega na illa e entregou ao diplomático cun libro sobre os símbolos de Galicia, dado que o Himno Galego foi estreado no Centro Galego da Habana en 1907.

Despois da entrevista, o embaixador cubano efectou unha visita guiada ao Parlamento de Galicia.

Anuncios