Archivos Mensuales: diciembre 2017

Entrega do premio “Voz de Liberdade”, outorgado polo Centro Pen Galicia a Méndez Ferrín

IMG-20171205-WA0000O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde en Vigo, no acto de entrega do VIII Premio “Voz de Liberdade” 2017, outorgado polo Centro Pen Galicia ao escritor Xosé Luis  Méndez Ferrín como recoñecemento á defensa do galego e da liberdade de expresión.

Na intervención de peche do acto, Santalices apuntou que o galardón distingue a un ”patriota da lingua” e a “un dos mellores escritores galegos contemporáneos, traducido a moitas linguas, e probablemente tamén o escritor galego máis veces proposto para o Premio Nóbel”.

O presidente do Parlamento recoñeceu, referíndose a Méndez Ferrín que “os dous profesamos a fe galeguista, e isa é a máis grande militancia que un galego de ben pode profesar”.

Apuntou Santalices que entre os fondos documentais que custodia o Parlamento se atopa un feixe de cartas remitidas por Otero Pedrayo a Carballo Calero a finais dos anos 50. Nunha delas, Otero Pedrayo informa ao destinatario que coñecera  unha nova xeración universitaria integrada por “mociños” como Méndez Ferrín e felicítase porque considera que con eles está asegurado o porvir do galeguismo.

O titular do Lexislativo galego recordou a súa aposta por “abrir o Parlamento. Queremos que a xente nos visite e nos coñeza. E tamén que o Parlamento estea coa xente”.

Placa en memoria de Miguel Ángel Blanco e demais persoas vítimas do terrorismo na Praza da Constitución

DSC_0014Deputados e deputadas da Cámara participaron este mediodía, durante un receso do Pleno do Parlamento, no acto de descubrimento dunha placa conmemorativa do XX aniversario da morte de Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA, e das veciñas e veciños de Santiago de Compostela e de todas as persoas vítimas do terrorismo. O acto foi convocado polo Concello de Santiago de Compostela na Praza da Constitución, situada ao carón do Pazo do Hórreo.

O Parlamento anima a participar na campaña de vacinación antigripal.

DSC_0368O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e mailo conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuíña, visitaron esta mañá o servizo médico da Cámara para interesarse polo desenvolvemento da campaña de vacinación antigripal e concienciar á poboación sobre a importancia de vacinarse.

Animaron especialmente a vacinarse contra a gripe á poboación con risco de complicacións no caso de padecer este proceso vírico. Santalices insistiu en que o efecto preventivo da vacina é moi elevado e explicou que desde o Parlamento se fomentan estas prácticas, porque a Cámara está sempre ao carón dos problemas da sociedade.

Durante a visita foi administrada a vacina a deputados e deputadas da Cámara.

O director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez, tamén participou no acto.

O fiscal superior de Galicia entrega a Memoria de 2016 ao presidente do Parlamento

IMG_7338O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria Anual da Fiscalía Superior correspondente ao exercicio de 2016.

Coa entrega da Memoria Anual de 2016 da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia dase cumplimento ao artigo 11.2 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade, previsiblemente,  cunha futura comparecencia do fiscal superior de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.