Visita institucional ao Parlamento de Galicia do presidente do Consello de Representantes Locais de Taiwan.

Recepción Taiwán 02_08_16_7Recepción Taiwán 02_08_16_2

 

O fundador e presidente do Foro Comunitario de Representantes de Consellos Locais de Taiwan (TCF) e concelleiro de Taipei, Lin Ching-chan, efectuou esta mañá unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde mantivo unha entrevista co titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

O presidente do Parlamento de Galicia explicoulle o funcionamento da institución e, particularmente, os diferentes mecanismos de participación cidadá postos en marcha na institución ao longo da Lexislatura que agora conclúe.

O Foro Comunitario de Representantes de Consellos Locais de Taiwan fundouse no ano 2010 para aglutinar a políticos, académicos e expertos para o intercambio de ideas. O TCF celebra anualmente unha reunión plenaria de carácter internacional onde participan representantes doutras redes de lexisladores de ámbito sub-nacional como a CALRE (Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais  Europas, da que forma parte o Parlamento de Galicia).

Lin Chin-chang é, ademais, director da Federación Internacional de Cámping, Caravanas e Autocaravanas (FICC) en Asia–Pacífico, e visita Galicia coincidindo coa súa participación na reunión anual que esta organización celebra en Ponta da Lima (Portugal) esta semana. A visita de Lin Chin-chang ao Parlamento responde ao seu interese por coñecer a primeira institución de Galicia, xa que non puido acudir ao Plenario da CALRE celebrado en 2014 no Lexislativo galego.

Anuncios