Visita delegación Mexicana

 

DSC_0006Unha delegación de deputados mexicanos, integrada, entre outras persoas, por dúas deputadas e un deputado do Congreso do Estado de Guanajuato e unha rexedora de Toluca, efectuaron hoxe unha visita ao Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

Deputados pertencentes ao Partido Acción Nacional (PAN), que é un partido laico, de ideoloxía humanista, afín ás ideas tomistas e de Democracia Cristina.

PAN exerceu o Poder Executivo en México, entre os anos 2000 e 2012. Os membros deste partido denomínanse panistas.