Minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados de Bruxelas

DSC_0015

O Parlamento de Galicia sumouse, este mediodía, ás diferentes institucións que gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados rexistrados onte en Bruxelas e como sinal de repulsa contra a barbarie terrorista.

A concentración silenciosa tivo lugar nas escaleiras exteriores do Pazo do Hórreo.