A Fundación San Rosendo festexou ao seu Patrón

entrega medallas ex trabajadores

IMG-20160321-WA0000

O xoves, 17 de marzo, asistín, xunto cos traballadores da Fundación San Rosendo, á celebración da festividade do seu patrón no Hotel Balneario Laias Caldaria (Cenlle). Cerca de 900 traballadores procedentes dos distintos centros de toda Galicia, tanto da terceira idade como de discapacitados, sumáronse a esta reunión anual de caracter festivo, aínda que tamén se aproveitou para manter reunións de traballo e de intercambio de experiencias entre os distintos profesionais, como sacerdotes, sanitarios ou psicólogos, entre outros.

A Fundación San Rosendo leva máis de 20 anos prestando un servicio asistencial a colectivos desfavorecidos de Galicia. Conta con 70 centros, dos que 59 son residencias para atender a persoas maiores e 11 son centros para atender exclusivamente a persoas con discapacidades físicas ou psíquicas. San Rosendo foi unha das primeiras institucións de Galicia en certificar a calidade dos seus centros. En concreto, os centros para discapacitados de Santa María e Santa Cruz lograron a súa certificación no ano 2007.