II Premios á Sanidade en Galicia de Sanitaria 2000

Miguel  Santalices  destacou no acto de entrega dos II Premios á Sanidade de Galicia, convocados por Sanitaria 2000, celebrados en Santiago, ao avance rexistrado polo sistema sanitario galego nas últimas décadas .

As claves deste avance débese, a xuízo de Santalices, á “elevada capacidade dos profesionais sanitarios” e a unha “xestión acaída ás necesidades de Galicia”, especialmente desde que se fixo efectivo o traspaso das competencias en materia de asistencia sanitaria á Comunidade Autónoma, asumidas pola Xunta hai 25 anos, o 2 de xaneiro de 1991.

Valorou o labor divulgativo desenvolvido polos medios de comunicación, como os que integran o grupo Sanitaria 2000, e felicitou aos galardoados na edición deste ano, entre outros, Premio a la Administración Sanitaria  “Acuerdo de las Universidades de A Coruña, Vigo y Santiago con las Consellerías de Sanidade y Educación” e Premio  a la Personalidad Sanitaria Gallega  a “José Ignacio Carro Otero. Presidente de la Real Academia de Medicína”.

Concluíu a súa intervención lembrando a dous profesionais da medicina recentemente falecidos, os doutores Alfonso Castro Beiras e Miguel Blanco González, aos que trasladou a súa “lembranza, homenaxe e agradecemento”.