Federación Galega de Bancos de Alimentos

O responsable da Federación Galega de Bancos de Alimentos, os catro presidentes provinciais e voluntarios desta organización, visitaron esta tarde o Parlamento de Galicia.

Desde o comezo da pasada lexislatura, no ano 2009, o Parlamento de Galicia destina a entidades sociais a partida que ata entón dedicaba a agasallos e demais atencións protocolarias polo Nadal.

Agradézolles a súa implicación neste “labor encomiable que recoñece toda a sociedade”.