_MG_0368

Abrumado polas felicitación e mostras de cariño recibidas nas últimas horas, logo de ser elixido presidente do Parlamento de Galicia, quero expresar o meu agradecemento a todas as persoas que por diferentes medios me fixeron chegar os seus bos desexos.

Agradecemento tamén, aos meus compañeiros do Grupo Parlamentario Popular, por terme honrado co seu apoio, ao conxunto da Cámara, así como a moitas persoas que sen estar no Parlamento me apoiaron tamén.

Como dixen onte, se cadra poucas persoas queren tanto ao Parlamento coma min e por iso mesmo me esforzarei por estar á altura da responsabilidade que me foi confiada, exercendo a Presidencia do Parlamento como corresponde.