Presentación dun volume que recompila os discursos parlamentarios do presidente Fernández Albor

O Salón dos Reis da Cámara galega acolleu a presentación do libro “Os discursos parlamentarios de Xerardo Fernández Albor”, o primeiro título dunha colección na que lle seguirán os volumes correspondentes aos presidentes de Galicia que o sucederon.

O protagonista do libro, Xerardo Fernández Albor, a través dunha carta dirixida á presidenta do Parlamento, desculpou a súa participación neste acto por razóns de saúde e trasladou o seu agradecemento a “todos os que traballaron pola Autonomía de Galicia”.