Celebración do Día Universal da Infancia

O Parlamento de Galicia sumouse hoxe á celebración do Día Universal da Infancia acollendo un Pleno, organizado coa colaboración de UNICEF e que tivo como protagonistas a 65 escolares de tres colexios compostelanos que fixeron públicas diferentes propostas relacionadas cos dereitos do neno.

Tal día coma hoxe, hai 26 anos, aprobouse a Convención sobre os dereitos do neno, “unha conquista importante para moitos nenos e nenas que non só non tiñan dereitos, senón que carecían de consideración algunha”.

Lamento ter que recoñecer “con mágoa” que no mundo actual “aínda hai millóns de nenos que non disfrutan dos máis elementais dereitos”, razón pola que animo aos rapaces presentes a valorar os dereitos que disfrutan.