Minuto de silencio no Parlamento de Galicia en memoria das vítimas dos atentados de París

16-11 Minuto de silencio ParísO Parlamento de Galicia sumouse este mediodía ás diferentes institucións públicas que hoxe gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados rexistrados o pasado venres en París, ao tempo que amosa a súa solidariedade co pobo francés. A concentración de repulsa contra os atentados de París tivo lugar na escaleira exterior do Pazo do Hórreo e nela participaron deputados e persoal da Cámara lexislativa e do Valedor do Pobo.

Anuncios