Torre do antigo hospital de Vigo

Med_20150915_pleno_09

Na Sesión Plenaria de hoxe debatemos o uso para a torre do antigo hospital de Vigo que non debe abrir unha nova fronte de confrontación na cidade viguesa, unha vez en marcha o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Primeiramente hai que saber en que situación está o edifico, para despois formular as solucións oportunas.
A proposta para poñer en marcha unha residencia da terceira idade, non me parece a máis idónea pola verticalidade do edificio.
Considero que o que cómpre facer desde o Servizo Galego de Saúde é uha retrocesión do edificio á Tesourería da Seguridade Social onde podería instalar as súas novas dependencias.

Anuncios