Lei de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a Lei de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais.

Destaco o consenso e trDSC_0015aballo desenvolvido nunha ponencia produtiva, pausada e moi reflixiva, o que constitúe un bo exemplo para esta Cámara.

É unha lei que dá soporte á boa práctica clínica que desenvolven os profesionais. Unha lei que pon en valor as nosas leis. Unha lei que entrou no Parlamento andaluza e saíu unha lei galega.

A cidadanía demanda calidade na morte e nós temos que dar resposta a esa demanda a través dun contexto ético e xurídico. Tomouse como referencia o recollido no Plan Galego de Coidados DSC_0017Paliativos e tamén as recomendacións que fixo a Comisión Galega de Bioética.