Premios do Deporte Galego 2014

No acto de entrega dos Premios do Deporte Galego 2014 en Vilagarcía, onde se rendeu homenaxe ao noso máis grande olímpico, David Cal.

O deporte ourensán luciu méritos nesta Gala, recoñecéndoselle a labor a:

-Vanesa Sotelo, Premio á mellor deportista feminima. Fútbol Sala. Medalla de bronce e máxima goleadora no Mundial. Candidata ao balón de ourto.

-Club Carmelitas Vedruna, Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base. Baloncesto. Referente do baloncesto feminimo en Ourense. Finalistas infantil e cadete no Campionto de españa con aportación de xogadoras ás seleccións galega e española.

-CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo) Premio “Galicia Saudable” á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. Destacada labor como centro educativo participante do Plan Proxecta a través do “máis e Mellor Actividade Física”.

Éxito de organización e as mellores mensaxes para un país pequeno pero cheo de grandes deportistas, tal como recoñeceu o Presidente da Xunta de Galicia.

 11149509_1663895310496685_672858855624498640_n11149438_1663895907163292_5142649952943886294_n 11138673_1663891750497041_6408556962695707310_n 20150409_192501 20150409_192517

Anuncios